Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense estreita lazos co centro penitenciario de Pereiro en...

A Deputación de Ourense estreita lazos co centro penitenciario de Pereiro en proxectos deportivos, culturais e sociais

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo co director do centro penitenciario, Francisco González; e a subdirectora de Tratamento, Ana Martínez, para avanzar nas liñas de colaboración que xa se veñen levando a cabo dende a institución provincial para promover a reinserción dos internos

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo co director do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, Francisco González, e a subdirectora de Tratamento, Ana Martínez, co obxectivo de seguir colaborando dende o goberno provincial nos programas que levan a cabo na institución penitenciaria en áreas como a cultura, o deporte ou a reinserción laboral.

Menor destacou o labor fundamental que os profesionais dos máis diversos ámbitos desempregan no seu día a día para ofrecer unha nova oportunidade de inserción social aos internos de Pereiro. Neste sentido, o presidente subliñou a colaboración da Deputación no obxectivo común da “rehabilitación social e a reinserción, que é a finalidade das penas”.

No encontro, avanzaron a posibilidade de establecer un convenio para os traballos en beneficio da comunidade que os reclusos desenvolven en áreas da Deputación de Ourense. O presidente provincial confirmoulles aos responsables de Pereiro que esta iniciativa se someterá a estudo, coa “vontade” de levarse a cabo.

Outra das liñas nas que colabora a Deputación é a cultura. Abordouse a posibilidade de editar unha revista que farán os propios internos de Pereiro e promover exposicións. “Estas sinerxias xa veñen realizándose de maneira espontánea, o obxectivo é poder protocolarizalas para que os reclusos poidan ter acceso á cultura con achegas da Deputación”, destaca Menor. Neste sentido, o goberno provincial ten apoiado iniciativas como a proxección de películas estrenadas no Ourense Film Festival (OUFF) no propio centro penitenciario, onde os reclusos puideron incluso coñecer a visión directa dos directores das largometraxes.

En materia deportiva, avanzouse na continuación de actividades de promoción da saúde en Pereiro, que xa se realizan en colaboración cos monitores e responsables do Paco Paz.

O director e a subdirectora de Tratamento de Pereiro transmitiron na reunión co presidente da Deputación as súas demandas e a intención de que estes encontros de traballo fluídos continúen no tempo.

Relacionadas

A Deputación pon en marcha a programación do Ateneo pola Igualdade en Ponteareas coa...

0
A actividade terá lugar este venres 22 de novembro ás 20:30 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo A Deputación de Pontevedra leva este venres 22...

Luis López reafirma o apoio ao tecido empresarial da provincia nun encontro coa nova...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez; recibiu este xoves á nova presidenta do Círculo de Empresarios de...

A Deputación destina 100.000 euros ao MARCO para “colaborar na programación cultural estable na...

0
A vicepresidenta Luisa Sánchez asinou o convenio de colaboración co museo vigués para a posta en marcha neste 2024 de exposicións como as de...

A Deputación pon a disposición do Concello de Ponte Caldelas o programa +Renovables, para...

0
O deputado provincial Javier Tourís mantivo un encontro de traballo co alcalde, Andrés Díaz, co fin de que a cidadanía da vila coñeza os...

A Deputación reúnese coa Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse en Santiago de Compostela coa Directora Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial,...

A Deputación homenaxeará o movemento veciñal do Baixo Miño cun encontro este sábado en...

0
A institución provincial celebra a sexta xornada do programa +Convivir tralo seu paso polos concellos de Poio, Cambados, Cuntis, A Estrada e Mos A Deputación...

Publicacións Relacionadas