HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación de Ourense promociona a calidade agroalimentaria da provincia en Xantar

A Deputación de Ourense promociona a calidade agroalimentaria da provincia en Xantar

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta do goberno provincial, Marta Nóvoa, participou hoxe na inauguración da 26ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra do 20 ao 23 de novembro en Expourense

 Marta Nóvoa destacou a aposta realizada pola institución provincial a prol do sector primario ourensán onde a marca “Ourense enogastronómica” volverá “a exhibirse no mellor escaparte posible que é Xantar”

A Deputación de Ourense estará a promocionar a calidade agroalimentaria da provincia na 26ª edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra do 20 ao 23 de novembro en Expourense.

Na inauguración da Feira, a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, destacou a aposta realizada pola institución provincia a prol do sector primario ourensán onde a marca “Ourense enogastronómica” volverá “a exhibirse no mellor escaparate posible que é Xantar”.

Así mesmo, Marta Nóvoa destacou que a celebración da edición número 26 de Xantar “non só pon de relevo que estamos ante un clásico do calendario de salóns feirais, senón ante un recinto que nestes días se converte nun templo gastronómico”.

Pola súa parte, o presidente do Inorde, Rosendo Fernández deu conta das actividades que se levarán a cabo no marco desta feira e que abranguen, ademais do propio restaurante coa colaboración de Coren e Cuevas, os stands dos xeodestinos “Terras de Celanova-Serra do Xurés” e “Trevinca-Valdeorras”, xestionados por este ente provincial.

Ademais, estarase participando en Xantar cun stand para promocionar os recursos turísticos da provincia cunha área específica destinada á Vía da Prata. Como novidade, este ano, haberá un stand do Centro de Transformación para pequenas producións sostibles de Cantoña posto en marcha pola Deputación para dar a coñecer os seus servizos e captar a posibles novos usuarios. Durante o fin de semana, comercializaranse de feito a través deste espazo, os primeiros produtos elaborados alí.

Por último, a iniciativa “O mercado en rural co porco celta”, co apoio da Deputación de Ourense, terá lugar o 23 de novembro, de 12.00 ás 13.00 horas na aula gastronómica, da man do chef Martín Fernández de Bágoa Gastrobar que preparará dúas receitas elaboradas a base de porco celta.

Publicacións Relacionadas