HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación e a Xunta cooperarán na cofinanciación das obras de abastecemento...

A Deputación e a Xunta cooperarán na cofinanciación das obras de abastecemento e saneamento na Groba e As Chabolas, en Ribadavia

- Anuncio -spot_img

Asumirán o 80% do coste total da iniciativa, o que supón que cada administración achegará 263.000 euros para executar un proxecto cuxo importe total ascende aos 655.180,39 euros

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, e o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, comunicáronlle esta mañá á alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez o acordo de colaboración

César Fernández resalta a importancia desta actuación, coa que “preto de 150 veciños destas localidades terán garantido o abastecemento de auga ao conectarse á rede municipal”

A Deputación tamén achegará 10.000 euros para a organización da LX Feira do Viño do Ribeiro; e destinará outros 181.712 euros á reparación dun talud na OU-0305, no entorno do punto limpo da Foz, en Ribadavia

A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia cooperarán na cofinanciación das obras de abastecemento e saneamento na Groba e As Chabolas, no concello de Ribadavia.

A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia asumirán o 80% do coste total da iniciativa, o que supón que cada administración achegará 263.000 euros para a execución dun proxecto cuxo importe total ascende aos 655.180,39 euros.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, e o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, comunicáronlle esta mañá á alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, o acordo de colaboración nunha reunión mantida no Pazo Provincial da Deputación de Ourense.

Con esta actuación, a Deputación avanza no reforzo dos servizos públicos en toda a provincia de Ourense, colaborando neste caso coa extensión da rede municipal de abastecemento e saneamento de Ribadavia ata estas localidades que, a día de hoxe, non estaban conectadas coa rede municipal.

O vicepresidente provincial e responsable dos asuntos de colaboración ca comarca do Ribeiro resalta a importancia desta actuación, coa que “preto de 150 veciños destas localidades do concello de Ribadavia terán garantido o abastecemento de auga ao conectarse á rede municipal”.

César Fernández trasladou á alcaldesa que na modificación de crédito do mes de febreiro, o goberno provincial xa incorporará os 263.000 euros correspondentes a súa achega a esta iniciativa de abastecemento e saneamento.

Ademais, o vicepresidente provincial tamén avanzou a Noelia Rodríguez o compromiso da Deputación de achegar 10.000 euros para a organización da LX Feira do Viño do Ribeiro, e destinar outros 181.712 euros para, dentro do plan de mellora das vías provinciais, reparar un talud na estrada OU-0305, no entorno do punto limpio da Foz, en Ribadavia.

Publicacións Relacionadas