Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación e a Xunta garantizan o seu compromiso conxunto de que...

A Deputación e a Xunta garantizan o seu compromiso conxunto de que o proxecto do regadío da Limia sairá adiante aínda que o Goberno Central non o asuma

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe en Santiago nunha reunión onde o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu á Comunidade de Regantes da Limia


“Damos total seguridade a que este proxecto será unha realidade. Ese é o compromiso que hoxe adquirimos”, proclamou ao remate Menor, do mesmo xeito que a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, garantiu a plena colaboración da Xunta


Ambas institucións reclamarán ao Goberno Central que execute os seus compromisos económicos, como pode ser asumir o IVE deste proxecto, “e se finalmente non ten esa vontade que sí tivo noutros lugares, Deputación e Xunta asumiremos ise custe para que poida saír adiante o proxecto”, recalcou o presidente provincial

O despacho do presidente da Xunta acolleu esta mañá unha reunión na que participaron o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; e representantes da Comunidade de Regantes da Limia, co seu presidente á cabeza, Amador Saborido.
Ao remate do encontro, que todos os participantes calificaron como positivo, o presidente provincial afirmou que o proxecto da modernización do regadío da Limia “é un proxecto estratéxico no ámbito rural para Galicia e sobre todo para a provincia de Ourense”.
Trátase dunha obra que, con todos os custes aproxímase aos 50 millóns, investimento moi importante onde están implicados o Goberno Central e a Xunta, e onde colabora a Deputación para aportar os recursos necesarios para culminala, o que dará lugar a 4.000 hectáreas de regadío nunha comarca senlleira e eminentemente agrícola.
Menor relatou que había certas dificultades porque o Goberno Central négase a asumir certos costes como o IVE, “algo que xa fixo noutros lugares, e reclamarémolo. Como non podemos poñer en perigo ese proxecto, damos a garantía de que a Xunta e a Deputación asumirán eses costes se finalmente o Goberno Central non os asume”, proclamou o presidente provincial. “Damos total seguridade a que este proxecto será unha realidade. Ese é o compromiso que hoxe adquirimos”.
Compromiso firme
Neste senso, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, subscribiu as palabras de Menor e manifestou que o compromiso de Alfonso Rueda e da Xunta de Galicia é claro e notorio, “proba delo son as inversión que levamos feita case 7 millóns de euros para poñer en funcionamento 40 pozos de regadío, imprescindible para acometer a modernización do regadío da Limia”.
Así, a directora xeral recalcou que “por iso solicitamos ao Goberno Central que se comprometa. Se fan un esforzó e teñen vontade, poden asumir o IVE, así como facilitar trámites administrativos para poder ampliarse e chegar a máis puntos. A Xunta vai estar sempre ao carón dos regantes”.
Pola súa banda, o presidente da comunidade de regantes, Amador Saborido, sinalou que “esta viaxe a Santiago foi máis que satisfactorio”, lembrando que A Limia “é a comarca agrícola máis importante de Galicia, non debemos deixar pasar esta oportunidade. Sen o apoio da Xunta e a Deputación este proxecto poderíase tambalear. Esta obra suporá un antes e un despois para a nosa comarca agrícola”.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez na clausura da VI edición do “Foro La...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Illa da Toxa á clausura da sexta edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”,...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez no XXIII Encontro Internacional de Hospitaleiras e Hospitaleiros...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe no Salón Nobre do Liceo Casino de Pontevedra ao XXIII Encontro Internacional de Hospitaleiras...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á conferencia “Tesoros Perdidos: Rande” de Fernando Navarrete

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe no Auditorio de Abanca en Vigo á conferencia “Tesoros Perdidos: Rande” impartida polo recoñecido...

Luis López asiste á ponencia de Alberto Núñez Feijoo e á mesa autonómica, coa...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, volveu estar presente na segunda xornada do Foro La Toja que se celebra esta fin de...

O III Foro da Castaña centra a súa segunda xornada nunha agrupación forestal en...

0
Hoxe está a desenvolverse a parte práctica do Foro con dúas visitas de campo que comezaron en Parada do Sil, da man da Asociación...

O Grupo Popular interésase polos seguintes pasos que dará a Xunta en relación á...

0
• A candidatura ‘Paisaxe da auga: Ribeira Sacra’ promovida pola Xunta de Galicia é a proposta conxunta de España para a súa presentación ante...

Publicacións Relacionadas