Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación e o Concello de Pontedeva fixan liñas de colaboración en...

A Deputación e o Concello de Pontedeva fixan liñas de colaboración en proxectos de infraestruturas, comunicacións e servizos

- Anuncio -

Nun encontro de traballo no Pazo Provincial, Manuel Baltar trasladou ao alcalde en funcións, Juan Carlos González, o compromiso da Deputación para realizar obras de acondicionamento na vía que comunica Deva con Padrenda (OU-213) e nun treito da OU-210 en Xinzo de Deva

González agradeceu “o esforzo do goberno provincial no mantemento destas estradas, que para nós son obras prioritarias”. Explicou a Manuel Baltar outros proxectos nos que contan co apoio da Deputación, como a construción cun centro de conciliación, integración e innovación no parque industrial de Trado

O representante municipal de Pontedeva puxo en valor a axuda da Deputación, tamén reflectida na modificación de créditos aprobada en febreiro para cofinanciar a renovación da rede municipal de abastecemento en colaboración coa Xunta de Galicia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde en funcións de Pontedeva, Juan Carlos González, mantiveron no Pazo Provincial un encontro no que analizaron as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións para a execución de proxectos relacionados con infraestruturas, comunicacións e servizos.

Manuel Baltar trasladou a Juan Carlos González o esforzo que está a facer a Deputación para a mellora da rede de estradas provinciais, un labor que desta volta tradúcese no compromiso para a realización de obras de arranxo, ampliación da calzada e construción de beirarrúas na vía que comunica Deva con Padrenda (OU-213). Tamén se referiu Manuel Baltar ao acondicionamento dun treito da estrada OU-210, na localidade de Xinzo de Deva.

González agradeceu “o esforzo do goberno provincial no mantemento destas estradas, que para nós son obras prioritarias”. Explicou a Manuel Baltar outros proxectos nos que están a traballar desde o Concello e nos que contan co apoio da Deputación, como a humanización do acceso da aldea de Deva a Pontenova, así como tamén a construción cun centro de conciliación, integración e innovación no parque industrial de Trado, aproveitando varias edificacións de pequeno tamaño que serán destinadas a centro de día, ximnasio, hostalería ou almacén municipal.

O representante municipal de Pontedeva tamén puxo en valor a axuda do goberno provincial, reflectida na modificación de créditos aprobada o pasado mes de febreiro para cofinanciar obras en colaboración coa axuda da Xunta de Galicia, fundamentalmente para a renovación da rede de abastecemento do municipio.

Relacionadas

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Deputación abre este venres o prazo para solicitar as axudas para a realización...

0
Con esta liña de subvencións, por concorrencia competitiva, o goberno de Luis López busca fomentar o turismo na provincia distribuíndo axudas que ascenden a...

A Deputación recibe este domingo 28 de xullo a 140 cativos de 29 concellos...

0
Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa con actividades educativas, culturais, deportivas e formativas Os campamentos da Lanzada da...

A Deputación leva este sábado a Budiño ata Moaña e a Dakidarría ata Tomiño...

0
O concerto de Budiño terá lugar ás 23:30 horas no Paseo marítimo de Moaña e o de Dakidarría ás 22:30 horas na Praza do...

Publicacións Relacionadas