Home Ourense A Limia A Deputación e o Concello de Porqueira executan novas liñas de cooperación...

A Deputación e o Concello de Porqueira executan novas liñas de cooperación en abastecemento e mellora de vías

- Anuncio -

Manuel Baltar avanzou á alcaldesa deste municipio, Susana Vázquez, o apoio do goberno provincial á pavimentación de varias rúas e no abastecemento do núcleo da Filgueira

Despois da reunión de traballo, o presidente do goberno provincial e a rexedora visitaron os resultados da primeira fase de humanización do núcleo de San Lourenzo, realizada co apoio da Deputación ao igual ca ampliación da residencia de maiores

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou a localidade de Porqueira, reuníndose no Concello coa súa alcaldesa, Susana Vázquez, e parte do equipo de goberno municipal.

Na xuntanza abordaron aspectos de cooperación interadministrativas, garantindo Manuel Baltar á rexedora o apoio da administración provincial á pavimentación de varias rúas da localidade e no proxecto de abastecemento do núcleo da Filgueira. Entre outros temas, Susana Vázquez tamén resaltou o rexeitamento do goberno ao actual deseño do proxecto do parque eólico Lamas de Feás, contra o que o Concello de Porqueira alegará na fase de exposición pública.

Despois da reunión, Manuel Baltar e Susana Vázquez visitaron o resultado da primeira fase da humanización do núcleo de San Lourenzo, realizada co apoio da institución provincial. “Esta obra é unha boa proba da cooperación entre a Deputación e o Concello de Porqueira”, sinalou o presidente da Deputación, definindo a actuación como “unha das tantas que fumos quen de executar nos últimos tempos e das que faremos no futuro. Porque Porqueira, o seu goberno, a súa alcaldesa, son unha fonte inagotable de novos prantexamentos en tódolos eidos”.

O presidente da Deputación de Ourense destacou que “Porqueira é un referente na Limia e polo tanto da provincia, este é un concello polo que paga a pena”, avanzando novas liñas de cooperación: “A Deputación seguirá sendo a máis fiel colaboradora deste municipio, cooperando para poñer en marcha novos proxectos dinamizadores e para activar novas infraestruturas públicas que garantan os mellores servizos públicos para os veciños”. Proxectos, explicou, como a ampliación da residencia de maiores de Porqueira, que se inaugurará proximamente cunha achega por parte da Deputación de 175.000 euros.

Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu a colaboración da Deputación e de Manuel Baltar con Porqueira: “Sen a súa axuda non serían posibles obras como esta humanización ou a ampliación da residencia de maiores, proxectos importantísimos para os veciños como a multitude de obras que se fixeron ou se farán neste concello coa axuda da Deputación”.

Relacionadas

As Neves contratará nove persoas para reforzar servizos municipais de limpeza, mantemento...

0
O Goberno de As Neves vén de anunciar a contratación de nove traballadores e  traballadoras para reforzar distintos servizos municipais durante 2025, incluíndo a ...

O Porriño resolve a concesión de 175.000 euros en axudas para comunidades de augas

0
Estas axudas permiten reforzar o abastecemento de auga nas parroquias do Porriño, garantindo un servizo máis seguro e eficiente para toda a veciñanza O Concello...

O PSdeG-PSOE de Salceda esixe o Cumprimento do Acordo de Investidura para o ...

0
Os socialistas e as socialistas de Salceda solicitamos ao actúal equipo de goberno  que poña enriba da mesa un proxecto serio de orzamentos para...

O Concello de Oia contratará 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da...

0
O Concello de Oia contratará un total de 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación...

Melloras no Centro de Saúde das Neves: Un paso máis cara unha ...

0
O Concello das Neves celebra a finalización das obras  de reforma do centro de saúde municipal, unha actuación que mellora a accesibilidade e  a...

0
O Concello de Tui declara un día de loito oficial polo pasamento de Xosé Martínez Tato Era concelleiro do BNG  na corporación municipal dende o...

Publicacións Relacionadas