Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza tradicional a lenda dun pequeno gaiteiro de Vilariño de Conso que foi a Belén a tocar para o neno Xesús
A Deputación de Ourense felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera a cantiga tradicional “O Gaiteiriño da Edrada”. A felicitación articúlase nun traballo audiovisual, titulado “Ourense, tempo de soños” que narra o soño de Daniela, que revive a través dos acordes desta peza musical tradicional a lenda dun pequeno gaiteiro de Vilariño de Conso que foi a Belén a tocar para o neno Xesús.
No vídeo introduce a historia o presidente provincial, Luis Menor, quen explica que “Ourense é terra de soños e tamén de grandes homes e mulleres que fixeron realidade as súas ilusións”. Cada día, engade o presidente, na Deputación de Ourense “traballamos para que máis homes e mulleres poidan cumprir os seus soños. Cada día, facendo provincia.”
O Gaiteiriño da Edrada é unha lenda sobre a viaxe dun gaiteiro a Terra Santa cando naceu o Neno Deus. A obra, baseada nun vello romance da Edrada (Vilariño de Conso) foi recollida e arranxada por Xosé Lois Foxo, formando parte da Égloga Operística “Pastora da Serra Sola”.
O vídeo completo poderá verse a partir das 15.15 horas na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=GukGdWfdCA0