O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e o alcalde, Álvaro Vila, asinaron un convenio de colaboración que dotará a este municipio dun espazo para a participación cidadá en actividades culturais
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Taboadela, Álvaro Vila, asinaron un convenio de colaboración para a transformación da antiga reitoral na futura Casa da Cultura municipal.
A Deputación cofinanciará este proxecto xunto ao Concello de Taboadela. O convenio reflicte o compromiso do goberno local para realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos necesarios para executar a reforma da antiga reitoral, ao tempo que se fará cargo tamén da contratación, dirección e execución das obras.
A colaboración da Deputación de Ourense co Concello de Taboadela permitirá dotar a este municipio dun espazo para a participación cidadá en actividades culturais, incluíndo un servizo de biblioteca e medios materiais e didácticos para que a poboación máis pequena poida participar en talleres e actividades recreativas.