Afirma o presidente provincial Luis Menor, que se trata “dos proxectos máis grandes que vai xestionar a Deputación de Ourense con fondos europeos”, remarcando que a captación de recursos na Unión Europea é un “eixo fundamental do noso Goberno para afondar no desenvolvemento provincial”
Os denominados Plans de Actuación Integrados (PAI) beneficiarán aos nove concellos da comarca de Valdeorras e á zona sur de Ourense, integrada polos municipios de Barbadás, San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar
As liñas fundamentais de traballo son tres: mellora medioambiental, impulsar a dimensión económica e a competitividade das empresas, e a mellora social dos territorios seleccionados
A Deputación de Ourense investirá 14,5 millóns de euros, con financiamento europeo, en dous proxectos de desenvolvemento sostible a executar nos nove concellos da comarca de Valdeorras e na área funcional Ourense sur, integrada polos concellos de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Barbadás.
Afirma o presidente provincial Luis Menor, que se trata “dos proxectos máis grandes que vai xestionar a Deputación de Ourense con fondos europeos”, remarcando que a captación de recursos na Unión Europea é un “eixo fundamental do noso Goberno para afondar na política de desenvolvemento provincial”.
Os denominados Plans de Actuación Integrados (PAI) de Valdeorras e zona sur da comarca de Ourense teñen tres liñas principais de actuación, como son a mellora medioambiental, impulsar a dimensión económica e a competitividade das empresas, e a mellora social dos territorios seleccionados.
Segundo a resolución da Dirección Xeral de Fondos Europeos (Ministerio de Facenda), a Deputación de Ourense vai contar cun 60 % de financiamento para ambos plans, o que supón máis de 4,3 millóns para cada un dos programas. Deste xeito, cada iniciativa parte dun orzamento superior aos 7,2 millóns de euros, aínda que inicialmente calculárase un investimento de 10 millóns en cada un dos proxectos.
Impulso demográfico, económico e social
Mentres, o plan da área funcional Ourense sur vai centrar as súas actuacións nos concellos de Barbadás, San Cibrao das Viña e Pereiro de Aguiar, por tratarse dos tres municipios da área metropolitana de Ourense que veñen rexistrando desde hai anos máis dinamismo demográfico, social e económico, tendo en conta ademais que neste cinto sitúanse as áreas empresarial máis importantes da provincia.

