HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación lanza Explora Manzaneda, un novo programa de estadías na estación...

A Deputación lanza Explora Manzaneda, un novo programa de estadías na estación de montaña para 160 mozas e mozos da ESO da provincia

- Anuncio -spot_img

O programa beneficiará ao alumnado de 1º a 4º da ESO de ata 8 centros educativos de concellos de reto demográfico da provincia. O prazo de solicitude abrirá entre o 1 e o 15 de outubro e asignaranse as prazas por orde de entrada

A Deputación de Pontevedra lanza Explora Manzaneda, un programa de estadías de tres días e dúas noites na estación de montaña do que se poderán beneficiar 160 mozas e mozos que cursan entre 1º e 4º da ESO de ata oito centros educativos de concellos de reto demográfico da provincia. O presidente provincial, Luis López, deu conta desta novidosa iniciativa provincial que abrirá o prazo de solicitude do 1 ao 15 de outubro e que asignará as prazas por rigoroso orde de entrada no rexistro electrónico da Deputación.

As estadías, tal e como avanzou o presidente, terán lugar entre xaneiro e marzo do 2026 e a institución subvencionará a cantidade de 160 euros por cada alumno/alumno. O programa contempla o desprazamento de ida e volta en autobús, o aloxamento e pensión completa, así como un curso de iniciación ao esquí con todo o equipo e materiais necesarios, forfait, acceso á piscina climatizada, atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

“Seguimos avanzando co impulso de programas específicos para a mocidade desta provincia, para que vivan experiencias únicas de convivencia e aprendizaxe no medio natural”, remarcou Luis Lopez quen engadiu que programas como “Explora Manzaneda nos axudará a completar a formación integral da xuventude a través do deporte, da natureza e do respecto pola contorna”.

Publicacións Relacionadas