A Deputación mobiliza maquinaria para traballos de prevención polas xeadas nas estradas provinciais en Monterrei, Conso Frieiras e Navea Bibei

adminON
Lectura mínima de 1

Trala previsión de baixas temperaturas na provincial, os equipos e maquinaria da Deputación de Ourense, destinados ao Plan de Vialidade Invernal, iniciaron esta mesma tarde traballos de prevención mediante o estendido de sal nas estradas provinciais que se atopan nas comarcas de Monterrei, Conso Frieiras e Navea Bibei, co obxecto de evitar a formación de placas de xeo no firme e garantir deste modo a seguridade viaria.

Os mencionados traballos de prevención continuarán desde primeira hora de maña no resto de estradas provinciais.

Comparte este artigo