Dúas empresas presentaron ofertas para este contrato. As dúas presentan unha puntuación moi similar na oferta técnica, máis a madrileña ofreceu unha maior baixada na licitación
A empresa Contenur foi seleccionada como mellor oferta para a renovación dos contedores para a cidade, logo da resolución do expediente de contratación. A esta licitación presentáronse dúas empresas: Contenur e a ourensá Formato Verde. As dúas licitantes obtiveron unha puntuación moi similar na oferta técnica, mais nas baixadas presentadas, Formato Verde ofreceu unha do 9%, mentres que Contenur ofreceu un 13%.
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, lamenta esta resolución e apunta á fase determinante no desconto ofertado, ao ser maior o da empresa madrileña fai que gañen o concurso.



