A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional dun tramo da feira

adminON
Lectura mínima de 1

O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos – rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo -, e na área deportiva do Parque Barbaña / A previsión das obras é dun mes e medio

A execución dos traballos da senda peonil que cruza a cidade, chega á zona do Parque Barbaña. Isto vai afectar á feira desta zona, que se desenvolve os días 7, 17 e 26 de cada mes.

Desta maneira, o Concello trasladará os postos de venda ambulante que habitualmente se instalan no paseo do Barbaña, cara ao entorno da Praza de Abastos e a zona da pista deportiva do Parque Barbaña, tal e como se indica no plano que se achega. Ademais, habilitarase a rúa Clara Campoamor para estacionamento de vehículos.

Esta modificación xa lle afectará á feira do vindeiro martes 26 de novembro e ten previsto ter unha duración dun mes e medio.

Comparte este artigo