O corte afectará ao carril de entrada cara ao centro da cidade e o tráfico desviarase polas rúas de Antonio Faílde e Pablo Iglesias segundo avancen os traballos
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a execución de obras requirirá pechar ao tráfico mañá, venres, 27 de febreiro, o carril da avenida de Alfonso Rodríguez Castelao que circula en dirección ao centro da cidade.
O corte realizarase por tramos de forma progresiva. Comezará no que vai desde a rotonda ata a rúa de Antonio Faílde e continuará co que vai desde a rúa de Antonio Faílde ata a rúa de Pablo Iglesias.
O tráfico desviarase, respectivamente e dependendo do momento do corte, polas rúas de Antonio Faílde e de Pablo Iglesias.



