HomeOurenseOurenseA Gran Cabalgata de Reis de Ourense sairá o luns ás 18.00...

A Gran Cabalgata de Reis de Ourense sairá o luns ás 18.00 horas da estación de tren e poderá seguirse por xeolocalización

- Anuncio -spot_img
  • Haberá 3 puntos de atención médica e 3 zonas reservadas para persoas con mobilidade reducida (PMR).
  • Por motivos de seguridade, queda prohibido o uso de paraugas para recoller caramelos.

O Concello de Ourense organiza un ano máis a Gran Cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas da cidade o vindeiro luns, 5 de xaneiro. Un dispositivo especial de seguridade, accesibilidade e tecnoloxía garantirá que a rapazada de Ourense poidan gozar da visita de Melchor, Gaspar e Baltasar nunha das citas máis entrañables do Nadal.

Percorrido e horarios. Os Reis Magos chegarán en tren á estación da Ponte. Pouco antes das 17.45 horas, sairán ao exterior para saudar a rapazada e montar nos seus camelos.

A cabalgata sairá desde a estación ás 18.00 horas e avanzará polas rúas Eulogio Gómez Franqueira, avenida das Caldas, Ponte Romana, rúa do Progreso e Doutor Marañón, para rematar na Praza Maior. Cómpre destacar que ao treito final (rúa Doutor Marañón e Praza Maior) só accederán os figurantes a pé; as carrozas e vehículos como o dos bombeiros, non entrarán nestes espazos.

Seguridade e accesibilidade. O dispositivo contará con tres puntos fixos de atención médica: ao inicio da avenida de Marín, na Praza de Concepción Arenal e na rúa Parada Justel. Así mesmo, habilitaranse tres zonas reservadas para persoas con mobilidade reducida (PMR): na estación de tren, na contorna dos antigos xulgados e na Alameda.

Por motivos de seguridade, queda expresamente prohibido utilizar paraugas colocados do revés para recoller caramelos.

Xeolocalización en tempo real. Para facilitar o seguimento do desfile, a comitiva irá xeolocalizada. A cidadanía poderá consultar a través da app do Concello de Ourense a posición exacta dos Reis Magos en todo momento, para facilitar a planificación e o desfrute do espectáculo por parte das familias.

Publicacións Relacionadas