HomeOurenseA humanización da rúa Nicomedes Pastor Díaz obriga a cambiar, desde este...

A humanización da rúa Nicomedes Pastor Díaz obriga a cambiar, desde este luns, o tráfico rodado na contorna

- Anuncio -spot_img

O acceso ao barrio da Carballeira farase desde a rúa Vázquez Núñez, mentres que a Rampla Riestra cambia de sentido, para ser de baixada.

Garantirase o acceso a garaxes e a residentes. A instalación da rampla mecánica durará 12 meses aproximadamente.

As obras de humanización da rúa Nicomedes Pastor Díaz, na que se instalará unha rampla mecánica para mellorar a mobilidade, obrigan, desde este luns, a modificar o tráfico rodado na contorna. A rúa permanecerá pechada desde a Avenida de Portugal até a glorieta da Praza do Sagrado Corazón, no barrio da Carballeira, deixando unicamente acceso a garaxes e residentes durante os vindeiros 12 meses, tempo estimado da realización das obras.

O acceso para vehículos ao barrio da Carballeira farase desde a rúa Vázquez Núñez -desde Marcelo Macías-, mentres que a Rampla Riestra cambia de sentido, para ser de baixada, cara á Avenida de Portugal.

No entanto, xeraranse novas prazas de aparcamento provisionais na zona próxima á glorieta da praza do Sagrado Corazón.

Publicacións Relacionadas