HomeOurenseOurenseA nova ruta da liña 6A, a través da Ponte do Milenio,...

A nova ruta da liña 6A, a través da Ponte do Milenio, entrará en servizo en abril coa chegada dos novos autobuses urbanos

- Anuncio -spot_img

A nova ruta da liña 6A do servizo de autobuses, a través da Ponte do Milenio, entrará en funcionamento no mes de abril coa chegada dos novos vehículos que o Concello adquire este ano para renovar a flota municipal. Deste xeito, os novos autobuses serán os primeiros que crucen o río Miño a través da Ponte do Milenio, no canto da Ponte Nova, por onde circulan na actualidade. Con esta modificación, o Concello quere dotar dun mellor servizo e cobertura á cidade. A 6A converterase nunha liña troncal de Ourense, dotará de servizo a instalacións como Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios e o novo edificio de xulgados, e mellorará a conexión coa zona norte do barrio do Couto.

A 6A converterase así nunha liña autenticamente troncal, que percorrerá de Norte a Sur a cidade, con este percorrido: Estación antiga de autobuses – Estación intermodal – Parque da Ponte – Ponte do Milenio – Xulgados – Pavillón dos Remedios – Concepción Arenal – Parque de San Lázaro – Alameda – O Posío – Residencia – Barrocás

Publicacións Relacionadas