HomeOurenseA Oficina de Turismo de Ourense abre ao público nos días de...

A Oficina de Turismo de Ourense abre ao público nos días de Entroido para darlles servizo a turistas, visitantes e cidadáns

- Anuncio -spot_img

O espazo municipal acollerá tamén o Posto de Mando Avanzado, baixo a coordinación da Policía Local

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Ourense estará aberta ao público nos días de Entroido para darlles servizo a turistas, visitantes e cidadáns que se acheguen estes días.

Sábado 18 – de 11.00 a 14.00 horas.

Domingo 19 – de 11.00 a 14.00 horas

Luns 20 – de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

Martes 21 – de 11.00 a 14.00 horas.

Posto de Mando Avanzado de Entroido

Debido á celebración do Entroido de Ourense, e á nova lexislación en materia de espectáculos públicos, é necesario a instalación dun Posto de Mando Avanzado para os corpos e forzas de seguridade, bombeiros, protección civil e sanitarios. A Oficina Municipal de Turismo foi requirida para a instalación do devandito centro de coordinación, que quedará baixo o mando da Policía Local nos seguintes días:

Sábado 18 de febreiro: de 23:00 a 06:00 horas
Domingo 19 de febreiro: 16:00 a 23:00 horas
Luns 20 de febreiro: de 23:00 a 06:00 horas
Ao seu lado instalarase, igualmente, o Punto Violeta para informar e actuar en caso de agresións sexuais.

Publicacións Relacionadas