HomeOurenseA orquestra París de Noia actuará mañá, venres, ás 23:00 horas nas...

A orquestra París de Noia actuará mañá, venres, ás 23:00 horas nas festas de Mariñamansa, nun concerto gratuíto organizado polo Concello

- Anuncio -spot_img

A formación estreará a tempada e o seu repertorio de 2023, dentro da súa nova “Xira da ilusión”, co reto de “facer que cada noite sexa inolvidable, cargada de ledicia, música e diversión

A orquestra París de Noia actuará mañá, venres, 9 de decembro ás 23:00 horas, na explanada da Farixa, nun concerto de entrada gratuíta organizado polo Concello de Ourense no marco das Festas de Mariñamansa e da programación de Nadal da cidade 2022.

A formación coruñesa estreará a tempada e o seu repertorio de 2023, coa súa nova “Xira da ilusión”: “xa estamos aquí, cheos de ilusión, por velos, por saír ao escenario e reatoparnos con noso público. Facer que cada noite sexa inolvidable, cargada de ledicia, música e diversión”, aseguran nas súas redes sociais

París de Noia é unha das orquestras máis populares de Galicia, cunha dilatada e prestixiosa traxectoria, que comezou no ano 1957. Por esta formación pasaron moitos dos máis prestixiosos músicos galegos. Amais da calidade musicial, a orquestra destaca polo coidado do seu repertorio, baseado sempre na actualidade, o vestiario e as escenografías, moi vistosas e traballadas. Conta cun total de 16 artistas, un espectacular escenario móvil e un equipo de 12 profesionais de montaxe, a iluminación e sonido.

Publicacións Relacionadas