test
Home Ourense A piscina municipal Rosario Dueñas reunirá durante esta fin de semana as...

A piscina municipal Rosario Dueñas reunirá durante esta fin de semana as grandes promesas da natación artística coa disputa do campionato de España

- Anuncio -

Participarán no torneo máis de 400 deportistas alevíns e infantís dunha trintena de equipos

A piscina municipal Rosario Dueñas acollerá durante esta fin de semana o Campionato de España de natación artística nas categorías Alevín-Promoción e Infantil – Segunda División. Esta mañá, no Pavillón dos Remedios, tivo lugar a presentación do torneo, nun acto no que participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, xunto con Fernando Carpena, presidente da Real Federación Española de Natación, Juan Carlos Brión, presidente da FEGAN; Laura Rodríguez, presidenta do CN Sincro Ourense, Manuel Perez, do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Jorge Pumar, deputado por Ourense; Beatriz Montes, directora técnica do CN Sincro Ourense e Elvira López, adestradora do CN Sincro Ourense.

A competición reunirá na cidade as grandes promesas de natación artística española. Serán en total máis de 400 deportistas dunha trintena de equipos: 238 alevíns (dos que 47 son galegos) e 195 infantís (18 galegos) que competirán nas probas e acudirán esta semana a Ourense, acompañados polos seus equipos técnicos e familias.

O torneo arrincará o venres coa final do dúo mixto infantil e concluirá o domingo coa entrega de medallas do dúo libre infantil, o equipo libre infantil e o dúo mixto alevín.

Relacionadas

Luis Menor visita o Clínic de Baloncesto organizado pola Deputación

0
O presidente provincial, Luis Menor, realizou esta tarde unha visita ao Pazo dos Deportes “Paco Paz”, onde comezou o Clínic de Baloncesto, organizado pola...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de xuño de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de xuño, no que se...

A carreira do circuíto popular Correndo por Ourense ocasionará o domingo restricións puntuais de...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración, pasado mañá, domingo, 30 de xuño, da carreira popular Trail Oira -...

A rúa Marcelo Macías reábrese ao tráfico unha vez rematadas as obras de reparación...

0
Desde esta mañá, a rúa Marcelo Macías volve estar aberta na súa totalidade ao tráfico de vehículos unha vez rematadas as obras de reparación...

O Concello abre o prazo para a presentación de emendas das solicitudes de axudas...

0
A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense abre o prazo para a presentación de emendas das solicitudes de axudas para libros e...

A Xunta de Goberno Local dá licenza á Xunta para as obras de ampliación...

0
Aproba un proxecto de modificación orzamentaria para reformar un edificio na Praza da Trindade como nova Oficina de Rehabilitación A Xunta de Goberno Local do...

Publicacións Relacionadas