Este presunto fraude provén dun asentamento de vehículos de feirantes na rúa Castro Canseco
A Policía Local de Ourense cursou unha denuncia por presunto fraude na subministración de luz e de auga. Trataríase dun enganche ilegal que provén dun asentamento de vehículos de feirantes na rúa Castro Canseco – baixo a ponte novísima -.
Esta denuncia produciuse trala comunicación telefónica recibida sobre este posible delito, e despois de que a Policía Local se dirixira ao lugar. Alí púidose comprobar que había dúas furgonetas un turismo, dúas caravanas, un remolque de atracción de feira e un camión. Os axentes observaron un tubo de auga conectado a unha boca de rego, e uns cables eléctricos que saían dunha das caravanas, enganchados no tendido – baixo a ponte -, sen contador algún.
Identificouse ao responsable de dito asentamento o cal presentou unha solicitude de enganche, máis non dispuña de ningún tipo de permiso para ambas subministracións.
Ante estes feitos procedeuse á denuncia xudicial e aviso ao servizo municipal e empresa responsable do subministro eléctrico para desenganchar ambas tomas.