HomeOurenseA Policía Local localiza e denuncia un mozo de 21 anos que...

A Policía Local localiza e denuncia un mozo de 21 anos que foi gravado cando conducía de forma temeraria polo barrio do Couto

- Anuncio -spot_img

A Policía Local de Ourense localizou e denunciou un mozo de 21 anos por conducir de forma temeraria polo barrio do Couto. A infracción quedou rexistrada nun vídeo que se publicou esta fin de semana nas redes sociais. Trátase dun condutor novel que, como se pode comprobar nas imaxes, circulaba a velocidade desaxeitada nun Seat Ibiza pola rúa Vila Real, e cruzaba realizando un perigoso salto na rúa Ervedelo para chegar á rúa Salvador Dalí. A Policía Local investiga tamén arestora outro caso de condución temeraria acreditado por outro vídeo publicado nas redes sociais.

Publicacións Relacionadas