Home Ourense A Limia A proba ciclista O Gran Camiño disputará o 24 de febreiro a...

A proba ciclista O Gran Camiño disputará o 24 de febreiro a súa terceira etapa entre as vilas de Xinzo de Limia e Ribadavia

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor; o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o director da proba, Ezequiel Mosquera, e o ciclista profesional, Álvaro Pino, presentaron hoxe os detalles desta competición

Luis Menor asegurou que ter presenza na maior proba ciclista de Galicia, “permítenos amosar as numerosas potencialidades da provincia ante un público internacional e posicionar a Ourense no mapa do turismo deportivo, xa que reúne todas as características necesarias para que así sexa”

O Gran Camiño é unha proba ciclista de carácter profesional que recupera a esencia da antiga Volta Ciclista a Galicia con obxectivos adaptados ás posibilidades que ofrece este deporte no eido da promoción turística do territorio

A provincia de Ourense será no mes de febreiro, co apoio da Deputación de Ourense, a protagonista da terceira etapa da proba ciclista O Gran Camiño nun trazado que unirá Xinzo de Limia con Ribadavia. Así o anunciaron hoxe no Castelo de Ribadavia, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o director da proba, Ezequiel Mosquera, e o exciclista profesional, Álvaro Pino, que explicaron os detalles desta competición.

O presidente provincial asegurou que ter presenza na maior proba ciclista de Galicia, “permítenos amosar as numerosas potencialidades da provincia ante un público internacional e posicionar a Ourense no mapa do turismo deportivo”.

O 24 de febreiro disputarase a terceira etapa deste evento deportivo que levará a algúns dos mellores ciclistas do ámbito profesional internacional a rodar por estradas ourensáns, nun percorrido cargado de natureza e desafío cun final esixente. A etapa comezará en Xinzo de Limia, localidade natal dunha gran promesa do ciclismo galego como Carlos Canal e rematará “nesta fermosa vila de Ribadavia que aglutina nun mesmo territorio as catro fortalezas que identifican a nosa provincia: patrimonio, natureza, enogastronomía e termalismo”, sinalou Luis Menor.

O goberno provincial continuará -tal e como comprometeu Luis Menor- a apoiar este tipo de iniciativas que poñen o foco no territorio afirmando que o ciclismo é “unha ferramenta única e idónea para promocionar un territorio xenuíno como é Ourense que leva anos a demostrar que ten capacidade para acoller probas deportivas de primeiro nivel”.

Pola súa parte, César Fernández agradeceu que “Ribadavia ocupe un lugar central no desenvolvemento desta proba pola provincia de Ourense” e asegurou que será unha “xornada intensa de ciclismo” que congregará a numerosos afeccionados nas rúas da vila.

Ezequiel Mosquera asegurou que O Gran Camiño ao seu paso por Ourense, novamente en sábado, será” unha etapa divertida e importante” da competición que transcorre por preto dunha vintena de concellos. Agradeceu á Deputación a renovación do seu compromiso e aposta por este evento. Álvaro Pino adiantou que “haberá unha alta participación” e que calquera “etapa pode ser decisiva” asegurando que será un día para “gozar do ciclismo extraordinario”.

O Gran Camiño, esencia da antiga Volta Ciclista a Galicia

A provincia de Ourense xa tivo especial protagonismo nas dúas anteriores edicións de O Gran Camiño. No 2022, a etapa ourensá transitou desde Maceda, vila vencellada ao ciclismo, ata Luintra, en plena Ribeira Sacra. E, na segunda edición, a proba tivo un marcado carácter solidario ao seu paso pola provincia de Ourense cun percorrido que unía Esgos con Rubiá, homenaxeando a Valdeorras que viña de sufrir as devastadoras consecuencias dos incendios forestais

O Gran Camiño é unha proba ciclista de carácter profesional que recupera a esencia da antiga Volta Ciclista a Galicia con obxectivos adaptados ás posibilidades que ofrece este deporte no eido da promoción turística do territorio. Na edición de 2024 a proba disputarase do 22 ao 25 de febreiro en catro etapas polas provincias galegas e ten como obxectivo ir máis alá dunha proba deportiva, situando a paisaxe, o patrimonio e a cultura de Galicia en todo o mundo mediante o ciclismo, o deporte máis pegado ao territorio. Mostra dilo é que na edición de 2023, Galicia chegou a 170 países de todo o mundo a través de O Gran Camiño.

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de preto de 110.000 euros entre 12 clubs náuticos...

0
Son 94.000 euros para dez clubs de piragüismo, 8.000 euros para un club de remo e 5.000 euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas