A procesión de Fátima ocasionará cortes de tráfico en varias rúas da cidade mañá desde as 22.00 horas

adminON
Lectura mínima de 1

A celebración da tradicional procesión de Fátima fará necesario pechar ao tráfico as rúas polas que discorrerá, mañá, martes, 13 de maio, desde as 22.00 horas até a súa finalización:

  • Rúa Ervedelo, desde a intersección coa rúa Monseñor José Álvarez até a Rúa do Progreso.
  • Rúa do Progreso, desde a intersección con Ervedelo. O tráfico desviarase á altura de Concepción Arenal.
  • Rúa do Progreso, desde a baixada á Praza de Abastos, desviándose o tráfico rodado pola baixada á praza en dirección a Irmáns Xesta.
  • Tamén se pecharán ao tráfico varias vías peonís: as rúas Xoán de Austria, Cruz Vermella e Rúa Lamas Carvajal, e as prazas de Euxenio Montes e Santa Eufemia e rúa Xoán de Austria.

Os cortes de tráfico programados ocasionarán que varias liñas de  autobuses urbanos sigan itinerarios alternativos.

Comparte este artigo