- Pardo de Cela estará pechada a partir das 18.00 h e O Progreso, na contorna da Alameda, a partir das 19.00 h
A programación de actividades do Entroido de Ourense 2025 e a saída da terceira etapa da carreira ciclista O Gran Camiño ocasionarán cortes e restricións de tráfico na cidade desde mañá, xoves. O dispositivo especial de mobilidade e accesibilidade deseñado pola Policía Local para que ambas as actividades transcorran dentro das marxes de seguridade, establece estas restricións:
Xoves, 27 de febreiro – Volta Ciclista
Desde as 18.00 h, permanecerá pechada ao tráfico rodado a Avenida Pardo de Cela, (pola organización da etapa da carreira ciclista que sairá ao día seguinte da Ponte Vella)
Xoves, 27 de febreiro – Entroido
Desde as 19.00 horas pecharase ao tráfico a rúa do Progreso, desde a baixada á Praza de Abastos até Concordia para desenvolver as actividades do Xoves de Comadres. Permitirase o tráfico por Parada Justel até as 22.00 horas
Venres, 28 de febreiro – Volta Ciclista
Desde as 08.30 h, pecharanse ao tráfico a Ponte do Milenio (en dirección saída) e a rúa Francisco Llorens Díaz. Desde as 10.30 h, prohibirase o acceso peonil na Ponte Vella. Desde as 11.00 h, pecharase totalmente ao tráfico a rúa Sáenz Díez e desde as 12.30 h permitirase só acceso a residentes e ao Centro Comercial.
Desde as 13.00 h, pecharanse totalmente as rúas Ribeira de Canedo, Mercado, Ramón e Cajal, Rincón, Vicente Risco, Ponte Nova, e Alfonso Rodríguez Castelao, desde a glorieta do Afiador ata a estrada da Lonia. A rúa Otero Pedrayo en sentido descendente estará pechada ao tráfico rodado e, en sentido ascendente, habilitarase un carril de saída.
Venres, 28 de febreiro – Entroido
Os desfiles escolares de Entroido (desde as 11.30 até as 13.00 h, aproximadamente) requirirán realizar un corte puntual na rúa Parque de San Lázaro, desde o Paseo até Santo Domingo, para que nenas e nenos pasen con seguridade.
Sábado, 1 de marzo
Ás 15.00 h pecharase o tráfico no Progreso, desde a baixada á Praza de Abastos até Concordia. Permitirase o tráfico por Parada Justel até as 22.00 h.
Este corte será permanente en días sucesivos, permitindo o mesmo horario de paso en Parada Justel, até que sexa retirada a carpa da Alameda, prevista para a madrugada do martes ao mércores
Domingo, 2 de marzo
Ás 14.30 h pechase o tráfico de acceso ao circuíto do desfile de comparsas, que circulará polas Lagoas, Curros Enríquez, Xoán XXIII e a Rúa do Progreso. O desfile comeza ás 16.30h.
Luns, 3 de marzo
Ás 19.15 h pecharase o acceso ao circuíto do desfile de Frei Canedo: Ponte Vella, Avenida das Caldas, Eulogio Gomez Franqueira, Xesús Pousa, San Froilán e Avenida das Caldas. O corte de tráfico na rúa Parada Justel será igual ca o do sábado.
Martes, 4 de marzo
Ás 18.00 h cortarase ao tráfico a rúa Parada Justel