HomeOurenseA próxima feira de Ourense trasládase ao luns 8 no Campo da...

A próxima feira de Ourense trasládase ao luns 8 no Campo da Feira e ao martes 9 no Parque Barbaña

- Anuncio -spot_img

O domingo 21 haberá un mercado de antigüidades extraordinario de Nadal

A feira de Ourense, que habitualmente se desenvolve o día 7 de cada mes, cambia de data en decembro por coincidir en domingo.  Así, desenvolverase o luns, 8, no Campo da Feira (onde estarán o mercado e os postos de comida), e ao martes, 9 (mercado), nas inmediacións da Praza de Abastos e o Parque Barbaña.

O seguinte día de feira ordinario será o mércores, 17 de decembro, data que non padecerá alteracións.

Ademais, no que atinxe ás feiras e mercados municipais, o mercado de antigüidades, que se celebra os primeiros domingos de cada mes na Praza Maior e na rúa Doutor Marañón, terá unha edición extraordinaria de Nadal o domingo 21 de decembro.

Publicacións Relacionadas