HomeOurenseOurenseA rápida asistencia da Policía Local salva a vida dun veciño de...

A rápida asistencia da Policía Local salva a vida dun veciño de Ourense de 61 anos

- Anuncio -spot_img

Grazas ao desfibrilador que levaban no vehículo e á colaboración dun médico que se atopaba no lugar, os axentes procederon á reanimación do varón, que foi trasladado ao hospital con vida

A Policía Local de Ourense conseguiu, grazas á súa rápida asistencia, salvarlle a vida a un veciño de Ourense de 61 anos que estaba perdendo a consciencia e o pulso. Os feitos ocorreron pasadas as oito da tarde do xoves, cando un coche que patrullaba pola zona de Portocarreiro -no cruce entre as rúas Doutor Fléming e Reza- foi alertado da situación. Grazas ao equipo DESA -desfibrilador semiautomático- que portaban no vehículo e á colaboración dun médico que se atopaba no lugar, os axentes procederon á reanimación do varón.

A rápida asistencia da Policía foi vital para manter o viandante con vida e, cando chegou a ambulancia, o equipo médico puido estabilizar o doente e trasladalo ao Complexo Hospitalario de Ourense.

Formación continua. Axentes da Policía Local realizan durante estes días actividades de formación relacionada coa atención temperá e co uso de materiais de primeiros auxilios “para poder atender eventualidades coma esta da mellor maneira posible”, apunta o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha.

Publicacións Relacionadas