A execución de obras fará necesario cortar ao tráfico desde o luns, 31 de marzo até o venres, 4 de abril a rúa da Fonte dos Canos desde as proximidades dos centros de menores até a rúa Montealegre, na zona da Urbanización de Monterrei e o campo de golf.
Durante esa semana, e con motivo de traballos de mantemento, cortarase puntualmente un treito da subida a Montealegre (desde o cruzamento da rúa da Canle coa rúa Roi Pérez até a zona dos centros de menores). Permitirase o acceso ás persoas residentes.

