HomeOurenseOurenseA rúa Díaz de la Banda estará pechada ao tráfico desde o...

A rúa Díaz de la Banda estará pechada ao tráfico desde o luns pola execución de obras de mellora da accesibilidade

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a rúa Díaz de la Banda, no treito comprendido entre a glorieta da Policía Nacional e  a intersección coa rúa Ribeira Sacra, estará pechada ao tráfico desde o vindeiro luns, día 25 de agosto, a causa da execución de obras. Os traballos teñen como finalidade a mellora da accesibilidade no paso de peóns e a adecuación do pavimento. As persoas residentes poderán acceder a través da rúa Ribeira Sacra.

Publicacións Relacionadas