HomeOurenseA rúa do Progreso, desde a Alameda á glorieta de San Rosendo...

A rúa do Progreso, desde a Alameda á glorieta de San Rosendo estará pechada ao tráfico o luns polo concerto de Mago de Oz

- Anuncio -spot_img
  • Os autobuses urbanos tamén modificarán os seus percorridos

O concerto do grupo Mago de Oz organizado polo Concello de Ourense dentro do programa de actividades do Halloween requirirá pechar ao tráfico rodado a rúa do Progreso, no tramo comprendido entre a Alameda e a glorieta de San Rosendo o vindeiro luns, 31 de outubro, desde as 9:00 horas, até o martes, 1 de novembro, ás 6:00 horas.

O Concello de Ourense solicita desculpas polas molestias que poida ocasionar este corte de tráfico e recomenda a utilización de itinerarios alternativos. Os vehículos procedentes do Xardín do Posío cara ao centro da cidade deberán desviarse pola zona de Tras Alameda e os procedentes de Pardo de Cela que vaian cara ao centro da cidade, por Ervedelo e Xoán XXIII.

Os autobuses urbanos do Concello de Ourense tamén modificarán os seus percorridos durante o corte de tráfico, desde as 9:00h do luns, 31, até as 6:00h do martes, 2. Os vehículos en dirección ao Parque San Lázaro circularán por: Zona Xardín do Posío – Pena Trevinca – Avenida da Habana – Parque de San Lázaro. Os autobuses en dirección ao Xardín do Posío irán por Xoán XXIII – Rúa de Ervedelo – Avenida de Portugal e Marcelo Macías.

Publicacións Relacionadas