HomeOurenseA rúa Río Bibei cambia de sentido para mellorar a fluidez do...

A rúa Río Bibei cambia de sentido para mellorar a fluidez do tráfico e optimizar a conexión entre Alejandro Pedrosa e Río Támega

- Anuncio -spot_img

A rúa Río Bibei cambiará desde esta noite o seu sentido de circulación para mellorar a fluidez do tráfico na zona e optimizar a conexión entre as rúas Río Támega e Alejandro Pedrosa. Con esta finalidade, os coches circularán en sentido á rúa Alejandro Pedrosa en lugar de cara á rúa Río Támega.

O Concello de Ourense recomenda a condutores e condutoras que presten atención á nova sinalización vertical e marcas viarias, que circulen con especial precaución durante as primeiras horas do cambio e avisen os seus contactos que adoiten transitar pola zona para evitar infraccións ou sustos. Tamén agradece a súa colaboración para mellorar a mobilidade na cidade.

Publicacións Relacionadas