HomeOurenseA San Martiño 2025 cita a corredores e corredoras o día 9...

A San Martiño 2025 cita a corredores e corredoras o día 9 de novembro cun novo percorrido de 10 km polas rúas da cidade

- Anuncio -spot_img

O alcalde participou na presentación da “carreira por excelencia de Galicia: a máis populosa, antiga e a que máis xente move

O prazo de inscrición xa está aberto na web Carreiras Galegas

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense abre o prazo de inscrición na edición número 48 da Carreira Pedestre Popular do San Martiño. Esta mañá, o salón de plenos acolleu a presentación da emblemática proba deportiva, que este ano se desenvolverá o domingo, 9 de novembro, cun percorrido inédito, sobre unha distancia de 10 quilómetros, con saída ás 11.00 h da Ponte do Milenio e meta na Praza de Concepción Arenal.

O acto de presentación contou coa participación do alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, o xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez, o asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Lalo Gómez, o director de área de Caixabank, Antonio Lema, e a presidenta da asociación de familiares de enfermos de alzhéimer Afaor (beneficiaria do dorsal solidario da carreira), María Dolores Meira, entre outros representantes de empresas e entidades colaboradoras.

O alcalde puxo en valor o atractivo desta cita: “a carreira por excelencia de Galicia: a máis populosa, antiga e a que máis xente move”, asegurou. Pérez Jácome explicou que este ano o circuíto se adapta a causa das obras que se están a executar na avenida de Portugal. Así, terá un percorrido inédito, tamén homologado pola Federación, e aparentemente máis rápido, do que destaca o remate en liña recta de case 3 km desde Mariñamansa até a Praza de Concepción Arenal. “Vai ser unha delicia”, asegurou.

Percorrido e horarios

A carreira absoluta sairá ás 11.00 h da Ponte do Milenio e avanzará por Xesús Pousa, Avenida de Marín, Otero Pedrayo, Castelao, Cardenal Quevedo, A Habana, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Moratín, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Ben Cho Shey, Galicia, Ramón Puga, A Saínza, Avenida de Zamora (ata a glorieta da estrada de San Cibrao), Avenida de Zamora e Progreso ata a meta na Praza de Concepción Arenal. O itinerario está homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA)

A proba está aberta tanto a atletas con licenza federativa como a corredores e corredoras populares. As inscricións poderanse realizar até o 2 de novembro a través da páxina web Carreiras Galegas, por 5 euros até o 22 de outubro e por 7 euros despois:

https://www.carreirasgalegas.com/events/xlviii-carreira-pedestre-popular-do-san-martio/V2mJOJ9M

Tamén se poderá realizar unha doazón económica en favor de Afaor na pasarela de inscrición ou a través do Dorsal 0.

A continuación da proba absoluta, serán as demais. Este ano, como novidade, haberá unha carreira diferente por categoría, con saídas cada 10 minutos:

  • Sub18 (12.10h), Sub16 (12.20 h) Sub14 (12.30 h): de 4.5 km de distancia
  • Sub12 (12.50 h) e Sub10 (13.05 h): 1,1 km e a
  • Carreira inclusiva (13.20 h), tamén de 1,1 km

Toda a información aquí:

https://races.blob.core.windows.net/competitions/V2mJOJ9M/regulations/Regulamento%20XLVIII%20Carreira%20Pedestre%20Popular%20do%20San%20Marti%C3%B1o.pdf

Publicacións Relacionadas