HomeOurenseOurenseA Sociedade Albor acollerá o Aberto Internacional de Nadal, que organiza o...

A Sociedade Albor acollerá o Aberto Internacional de Nadal, que organiza o Club Xadrez As Burgas coa colaboración do CMD

- Anuncio -spot_img

O alcalde recibiu esta mañá no salón de plenos a representantes da organización do torneo: o coordinador e árbitro, Manuel Ángel García, do Club Xadrez As Burgas, xunto con Francisco Lorenzo, vicepresidente, Olga Varela e Juancar Álvarez, da sociedade cultural

A Sociedade Cultural Albor acollerá do día 26 ao 29 de decembro o Aberto Internacional de Nadal Sub 2.400 Ourense 2022, que organiza o Club Xadrez As Burgas, co patrocinio do Consello Municipal de Deportes, a Deputación de Ourense, a Asociación ourensá de xadrez e a sociedade Albor. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos a representantes da organización do torneo: o coordinador e árbitro, Manuel Ángel García, do Club Xadrez As Burgas, xunto con Francisco Lorenzo, vicepresidente, Olga Varela e Juancar Álvarez, da sociedade cultural.

O torneo, co lema “Ourense no Nadal a volta dun xaque mate” desenvolverase na modalidade de xadrez estándar a 7 roldas na sala multiúsos da sociedade cultural, emprazada na rúa Greco, número 7, no barrio do Couto. Poderán participar todos os xogadores e xogadoras con licenza en vigor da Federación Española de Xadrez ou de calquera outra Federación recoñecida pola federación internacional e con ránking ELO inferior a 2.400 puntos. O torneo será disputado mediante o sistema suízo a 7 roldas con 60 minutos máis 30 segundos por xogador.

Toda a información está dispoñible na páxina web do Club Xadrez As Burgas, en https://xadrezasburgas.net/. As inscricións, co resgardo de pagamento, pódense realizar a través do correo electrónico do club: xadrezasburgas@gmail.com

Publicacións Relacionadas