A VALEDORA DO POBO admite as 5 queixas do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA e require o CONCELLO DO IRIXO para que en 15 días informe de porque denega o acceso a máis dunha ducia de expedientes solicitados polos socialistas.
Os portavoz socialista Iago Fariñas Valiña solicitou o acceso a diferentes expedientes do Concello xa no mes de agosto, setembro e novembro de 2022 e febreiro 2023 sen que o alcalde concedese dito acceso.
Van xa para 9 meses nos que o Alcalde do Irixo non amosa os expedientes de;
Xustificantes/facturas da conta xeral do ano 2021.
Compra/venta de castañas e comercialización, fabricación de fariña, etc.,
“Feira do Tellado” e “Festa do Cabalo” 2022.
“Marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”.
Programación e/ou concertos, actuacións e/ou actividades verán 2022.
Contratación de persoal do concello.
Obradoiro de emprego.
E os expedientes de diferentes obras e gastos, entre outros…
- Tampouco da acceso os empadroamentos deste concello que se ten solicitado e a pesar de ter o acceso concedido por silencio administrativo positivo fai xa varios meses atrás.
Os socialistas lamentan a falta de transparencia e as trampas do alcalde MANUEL CERDEIRA que TEN UN PROBLEMA GRAVE NO RESPETO A DEMOCRACIA, A LEI, E OS DEREITOS DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN.