HomeOurenseA VI Xornada de convivencia de agrupacións de Protección Civil reunirá en...

A VI Xornada de convivencia de agrupacións de Protección Civil reunirá en Ourense máis de 500 voluntarios e voluntarias de España e Portugal

- Anuncio -spot_img

Esta mañá presentouse a actividade, que se desenvolverá este sábado, 22 de outubro

A cidade de Ourense recibirá a máis de 500 voluntarios e voluntarias procedentes de toda España e Portugal na VI Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, que se desenvolverá o vindeiro sábado, día 22 de outubro. Esta mañá, na Praza Maior tivo lugar a presentación desta actividade, á que asistiron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, e o presidente da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, Clemente Pérez.

A actividade pretende ser unha xornada lúdica que sirva como punto de encontro para voluntarios e voluntarias de toda España e Portugal, ao tempo que achegará á cidadanía o traballo que desenvolve a diario o voluntariado de Protección Civil. Ao longo da xornada desenvolveranse diferentes actividades, como obradoiros prácticos de emerxencias, unha exposición de materiais para este tipo de actuacións e un acto de recoñecemento ao labor realizado por estas agrupacións durante a vaga de lumes deste verán. A xornada rematará cunha comida de confraternidade no Campo da Feira.

Publicacións Relacionadas