Home Ourense Baixa Limia A xerente de Galicia Calidade subliña en Lobios a contribución da marca...

A xerente de Galicia Calidade subliña en Lobios a contribución da marca de garantía á promoción dos produtos galegos

- Anuncio -

Ana Méndez, responsable do organismo dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, fixo unha exposición dos preto de 30 anos de traxectoria do selo autonómico no encontro transfronteirizo Gastrolimia

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, salientou hoxe na súa intervención en Gastrolimia a contribución da marca de garantía á promoción exterior dos produtos galegos durante os preto de 30 anos de traxectoria do selo autonómico.

Durante a súa participación neste encontro transfronteirizo para visibilizar as tradicións culturais e gastronómicas arrededor do río Limia, Ana Méndez destacou que nestes anos se conseguiu que os productos galegos sexan percibidos no exterior como garantía de calidade.

A xerente do organismo dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación recordou que Galicia Calidade se constituíu no ano 1995 e agora xa conta con máis de 150 empresas certificadas e con máis de 600 produtos amparados co selo de garantía.

Gastrolimia, que se celebrou no Hotel Balneario Lobios Caldaria (Lobios, Ourense), pretende reunir e fomentar o encontro transfronteirizo gastronómico, a relación persoal entre profesionais do sector agroalimentario e da hostalería, así como a actores con capacidade de decisión nas políticas de turismo rural da zona e a outros profesionais de referencia relacionados coa proxección de territorio, o márketing e a publicidade na Internet.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas