Home Ourense Allariz-Maceda A Xunta abrirá un novo polo de emprendemento en Baños de Molgas...

A Xunta abrirá un novo polo de emprendemento en Baños de Molgas para xerar emprego e dinamizar a economía local

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo anunciou nun encontro con empresarios da comarca a posta en marcha deste centro que acompañará ás persoas con iniciativa no desenvolvemento dos seus negocios

― Galicia está a tecer unha rede de polos de emprendemento que xa asesorou máis de 500 proxectos e está a consolidarse como dinamizadora da actividade no rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, anunciou hoxe a creación dun novo Polo de emprendemento e apoio ao emprego en Baños de Molgas, que permitirá dinamizar a economía local e incrementar as oportunidades laborais na contorna. A titular de emprego participou nun encontro con empresarios desta zona, no que puxo en valor o seu potencial para a creación de emprego rural, próximo e de calidade.

Rivo remarcou o potencial de sectores como o turismo termal, o primario e forestal en Baños de Molgas, terra rica en oportunidades, na que o novo polo de emprendemento suporá un “pulo importante”, afirmou.

Galicia está a tecer unha Rede de polos de emprendemento para dar cobertura ao 100% do territorio, unha experiencia que iniciou o seu percorrido hai algo máis dun ano e que está a cumprir co seu triplo obxectivo: casar a xestión da busca de emprego coa realidade demográfica e social da Comunidade; dinamizar o mercado de traballo, buscando a interacción entre os ámbitos rurais e urbanos; e fixar poboación no territorio. O de Baños de Molgas ampliará a rede de polos da provincia ourensá, tras a posta en marcha de dous no Carballiño e en Verín e a próxima inauguración dun terceiro no Barco de Valdeorras.

Os polos ofrecen acompañamento continuado para as persoas emprendedoras en cada unha das fases polas que pasan os seus proxectos. O obxectivo é convertelos en centros de dinamización dos territorios nos que se asentan, sendo foros de interlocución que permitan recoller as demandas da súa poboación e dar resposta desde a Administración coa colaboración do sector privado.

Ata a actualidade, a rede de polos xa realizou 1.500 titorías para sacar adiante as iniciativas duns 500 emprendedores, entre as que destacan as relacionadas co comercio, a hostalaría, a agricultura, a gandaría e a pesca.

A Xunta seguirá a fomentar este modelo como forza impulsora da economía e da sociedade, que xera oportunidades e emprego de calidade.

Relacionadas

O Diario Oficial publica hoxe as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas...

0
Trátase da relación refundida e actualizada das persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-intervención, Secretaría e Intervención-tesourería O Diario Oficial de Galicia publica...

Máis de 5.000 persoas benefícianse das axudas da Xunta para mercar bicicletas eléctricas de...

0
— O Goberno galego destinou 2,7 millóns de euros ao programa EBici desde o seu comezo en 2022 ata o pasado novembro, data na...

A Deputación abrirá en 2025 unha nova liña de axudas destinadas a asociacións de...

0
Cunha dotación de 50.000 euros, estas achegas teñen como obxectivo cubrir os gastos de xestión dos animais procedentes dos centros de acollida da rede...

Vaca Films remata a gravación da longametraxe ‘Dímelo Bajito’, rodada en Galicia co apoio...

0
— O proxecto recibe unha achega de 300.000 euros a través do fondo para a atracción de rodaxes, dotado polo Goberno galego con 2M€...

Inaugurado o ascensor da rúa Rosalía de Castro

0
A obra supón unha importante mellora na comunicación peonil entre as dúas ribeiras do Miño O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, inaugurou esta mañá...

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Publicacións Relacionadas