Home Ourense Allariz-Maceda A Xunta abrirá un novo polo de emprendemento en Baños de Molgas...

A Xunta abrirá un novo polo de emprendemento en Baños de Molgas para xerar emprego e dinamizar a economía local

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo anunciou nun encontro con empresarios da comarca a posta en marcha deste centro que acompañará ás persoas con iniciativa no desenvolvemento dos seus negocios

― Galicia está a tecer unha rede de polos de emprendemento que xa asesorou máis de 500 proxectos e está a consolidarse como dinamizadora da actividade no rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, anunciou hoxe a creación dun novo Polo de emprendemento e apoio ao emprego en Baños de Molgas, que permitirá dinamizar a economía local e incrementar as oportunidades laborais na contorna. A titular de emprego participou nun encontro con empresarios desta zona, no que puxo en valor o seu potencial para a creación de emprego rural, próximo e de calidade.

Rivo remarcou o potencial de sectores como o turismo termal, o primario e forestal en Baños de Molgas, terra rica en oportunidades, na que o novo polo de emprendemento suporá un “pulo importante”, afirmou.

Galicia está a tecer unha Rede de polos de emprendemento para dar cobertura ao 100% do territorio, unha experiencia que iniciou o seu percorrido hai algo máis dun ano e que está a cumprir co seu triplo obxectivo: casar a xestión da busca de emprego coa realidade demográfica e social da Comunidade; dinamizar o mercado de traballo, buscando a interacción entre os ámbitos rurais e urbanos; e fixar poboación no territorio. O de Baños de Molgas ampliará a rede de polos da provincia ourensá, tras a posta en marcha de dous no Carballiño e en Verín e a próxima inauguración dun terceiro no Barco de Valdeorras.

Os polos ofrecen acompañamento continuado para as persoas emprendedoras en cada unha das fases polas que pasan os seus proxectos. O obxectivo é convertelos en centros de dinamización dos territorios nos que se asentan, sendo foros de interlocución que permitan recoller as demandas da súa poboación e dar resposta desde a Administración coa colaboración do sector privado.

Ata a actualidade, a rede de polos xa realizou 1.500 titorías para sacar adiante as iniciativas duns 500 emprendedores, entre as que destacan as relacionadas co comercio, a hostalaría, a agricultura, a gandaría e a pesca.

A Xunta seguirá a fomentar este modelo como forza impulsora da economía e da sociedade, que xera oportunidades e emprego de calidade.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicrequesA isto...

Arranca `Nadal en Galicia’ cunha ampla axenda de eventos para potenciar o valor turístico...

0
Turismo de Galicia convida a participar en propostas como beléns, mercados e espectáculos que se celebran nas catro provincias Beléns para visitar, mercados para comprar...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

A Filmoteca de Galicia recibe a directora Carla Simón cun novo cheo do ciclo...

0
A Filmoteca de Galicia recibiu na tarde de onte a directora catalá Carla Simón para unha sesión do seu ciclo Close-Up sobre cinema e...

Xuntanza da comisión de seguimento da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación...

0
Esta mañá, mércores día 4 de decembro, ás 10:00 h, reuníronse na Concellería de Urbanismo do Concello de Ourense todos os grupos políticos que...

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

Publicacións Relacionadas