HomeTerra de CelanovaCartelleA Xunta analiza co concello de Cartelle a súa colaboración para impulsar...

A Xunta analiza co concello de Cartelle a súa colaboración para impulsar a xaración d mptrego vinculado ao territorio

- Anuncio -spot_img

― O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense e polo director xeral de Comercio e Consumo reuniuse esta semana co alcalde de Cartelle e presidente Mancomunidade Terra de Celanova


― Tratáronse cuestións como os obradoiros de emprego dual +Vida da Mancomunidade Terra de Celanova á que pertence Cartelle e o programa Aprol Rural do que é beneficiario este municipio

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse esta semana co alcalde de Cartelle e presidente Mancomunidade Terra de Celanova, Jaime Sousa, para afondar na colaboración con este municipio en aspectos relacionados coa creación de emprego vinculado coas necesidades do territorio.
Neste ámbito destaca o apoio do Goberno autonómico ao obradoiro dual de emprego +Vida da Mancomunidade Terra de Celanova á que pertence Cartelle. Esta iniciativa recibiu unha axuda de case 412.000 euros no marco da convocatoria de 2024, beneficia a 20 persoas desempregadas e está centrada na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Na xuntanza tamén se fixo referencia aos apoios do Aprol rural, dos que o concello de Cartelle contou en 2024 cunha axuda de máis de 48.300 euros que permitiu a contratación este ano de tres persoas para desenvolver tarefas relacionadas coa prevención de incendios forestais nas faixas secundarias como traballos de planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión da biomasa en superficies forestais municipais.
Este ano estes apoios fusiónanse nunha convocatoria unificada cos de contratación de persoas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) —atendendo aos cambios dos últimos anos e á demanda de ambas liñas—. Está dotada con máis de 14,2 M€ e aberta ata o 14 de abril. O obxectivo é a simplificación administrativa e facilitar o acceso dos municipios do rural a estas achegas.
Neste sentido, púxose de manifesto a importancia de iniciativas coma estas para incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas da contorna e ao mesmo tempo contribuír á dinamización socioeconómica da zona.

Publicacións Relacionadas