HomeValdeorrasO Barco de ValdeorrasA Xunta apoia a pasarela de moda organizada polo centro comercial aberto...

A Xunta apoia a pasarela de moda organizada polo centro comercial aberto do Barco de Valdeorras

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe esta iniciativa que busca promover o comercio local, a moda e a cultura na vila ourensá no marco da axuda autonómica de 44.000 euros que recibiu este CCA

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe a pasarela de moda organizada polo Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco Aberto e apoiada pola Xunta de Galicia no marco das axudas a este tipo de entidades, en concreto, cun importe de 44.000 euros. Unhas axudas que beneficiaron na súa última convocatoria un total de 54 centros comerciais abertos de toda a Comunidade, cun investimento global de 2,3 millóns de euros.

O director xeral puxo de relevo o evento despregado na Praza Andrés de Prada por conxugar promoción do comercio local, da moda e da cultura. Nese sentido, recordou que estas iniciativas xogan un papel fundamental á hora de fomentar o consumo e as vendas e de reforzar o posicionamento do comercio como motor económico e social nas vilas e cidades, no marco do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030.

Alén aproveitou para sinalar que nos próximos días comezará a valoración das candidaturas recibidas para optar aos Premios do Comercio Galego 2025, cuxo prazo de presentación rematou onte. Poden resultar recoñecidas en cinco categorías: Premio Comercio Galego 2025, dotado con 5.000 euros; Premio Comercio Traxectoria 2025, ao que lle corresponden 3.000 euros; Premio Comercio Emprende 2025, distinguido con outros 3.000 euros; Premio Comercio Dinamización 2025, cunha contía de 5.000 euros; e Premio Comercio Sostible 2025, con 3.000 euros.

A convocatoria enmárcase na aposta da Xunta por un sector comercial forte, moderno e competitivo capaz de adaptarse ás novas tendencias e demandas dada a súa importancia como xerador de riqueza e emprego, así como vertebrador do territorio.

Publicacións Relacionadas