Home Ourense O Carballiño A Xunta apoia ao concello de San Cristobo de Cea na adquisicón...

A Xunta apoia ao concello de San Cristobo de Cea na adquisicón dun vehículo para a protección do medio ambiente e de espazos naturais

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, desprazouse hoxe ata o Concello para comprobar as actuacións que se levan a cabo coa axuda do pick-up financiado cunha achega do Goberno galego


— O Fondo de Compensación Ambiental destina este ano 11,3M€ a axudas para contribuír a recuperación sostible dos municipios

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o Concello de San Cristovo de Cea acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, para comprobar as actuacións que se levan a cabo na defensa do medio ambiente coa axuda dun vehículo adquirido cunha achega do Goberno galego.

A través dunha axuda de 26.250 euros do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), o Concello de San Cristovo de Cea adquiriu un vehículo tipo pick-up para a protección do medio ambiente e de espazos naturais, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.

O Concello xustificou a súa adquisición na necesidade de coidar e protexer o patrimonio natural dun municipio que conta cun espazo incluído na Rede Natura como é Pena Veidosa. Ademais, dispón dunha gran riqueza arqueolóxica e paisaxística, así como lugares de interese turístico como o Mosteiro de Cea. Atractivos todos eles que se ven incrementados por formar parte o concello do Camiño de Santiago, particularmente da Vía da Prata. A administración local carecía ata o de agora de recursos suficientes para facer fronte as actuacións necesarias para a conservación e protección de ditos espazos.

A directora xeral de Administración Local subliñou que o FCA ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento e a recuperación sostible dos municipios galegos, aos que destina este ano 11,3 millóns de euros. Entre as accións subvencionables do fondo inclúese a mellora da eficiencia enerxética das instalacións e edificios municipais e a utilización de enerxías renovables. Con estas axudas, a Xunta tamén apoiará un ano máis aos concellos na conservación da biodiversidade e a protección do medio ambiente e do espazo natural, con campañas divulgativas e plans ambientais ou a adquisición de equipamento de alta eficiencia enerxética, ademais de colaborar na dotación de medios para a protección do medio ambiente, como é o caso de San Cristovo de Cea.
O obxecto destas e outras achegas habilitadas pola Xunta para colaborar cos concellos galegos é mellorar as condicións de vida das persoas residentes nas áreas rurais a través da mellora da biodiversidade, ademais de facilitar a implantación de actividades que poidan xerar emprego e fixar poboación, procurando satisfacer as necesidades dos habitantes e das empresas das áreas rurais.
O Concello de San Cristovo de Cea beneficiouse nos últimos anos de achegas por valor de máis de 463.000 euros procedentes das diferentes liñas de axudas habilitadas polo Goberno galego a través da Dirección Xeral de Administración Local, o que permitiu ao municipio ourensán levar a cabo actuacións a favor do medio ambiente, melloras no saneamento, obras nas infraestruturas municipais ou inversións a favor da eficiencia enerxética, entre outras.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas