Home Valdeorras Larouco A Xunta apoia en Larouco e San Xoán de Río con máis...

A Xunta apoia en Larouco e San Xoán de Río con máis de 40.000€ a conciliación corresponsable e promove a igualdade e a prevención contra a violencia de xénero

- Anuncio -

― A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na clausura da presentación de resultados dos proxectos #Enrede e #RíoConcilia que desenvolveron os dous concellos ourensás co financiamento económico de Igualdade


― A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a investir este ano na provincia de Ourense 1,6 millóns para apoiar os centros de información á muller e accións para previr a violencia de xénero e fomentar a igualdade e a conciliación

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na clausura da presentación dos proxectos #Enrede e #RíoConcilia que desenvolveron os concellos ourensás de Larouco e San Xoán de Río co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Deste xeito, a Xunta, a través do desenvolvemento destas actividades, apoiou a conciliación corresponsable e a promoción da igualdade e a prevención contra a violencia de xénero nestas dúas localidades.

En concreto, Enrede: participación en feminino, para promover o liderado da muller, recibiu un financiamento de máis de 26.200 euros, mentres que RíoConcilia, no que participaron entre xuño e setembro unha trintena de nenas e nenos de entre 3 e 14 anos, contou cun máis de 14.800 euros de apoio, o que en total sumou máis de 40.000 euros.

López Abella puxo en valor o programa autonómico de axudas para impulsar en toda Galicia non só o desenvolvemento de actividades encamiñadas a impulsar a igualdade entre mulleres e homes e a promover a conciliación corresponsable, senón tamén a apoiar os centros de información á muller. A Xunta investiu neste programa con tres liñas de financiamento diferenciadas 1,6 millóns de euros este ano na provincia de Ourense.

López Abella apuntou que a promoción da igualdade, a loita contra a violencia de xénero e o impulso da conciliación corresponsable son eixos prioritario das políticas de igualdade da Xunta. Ademais dos diferentes programas de axudas, lembrou que a nova Lei autonómica para a igualdade efectiva entre mulleres e homes prestará especial interese á igualdade e o benestar laboral e á conciliación da vida persoal e profesional.

Así mesmo, a finais deste ano está previsto finalizar a avaliación completa do I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade (2018-2021) e presentar o II Plan, que terá unha vixencia ata 2027.

Segundo López Abella, é preciso “seguir avanzando nun modelo de sociedade de roles compartidos e equilibrados e é importante un cambio de actitude, a xeración dunha nova cultura a favor da igualdade e o benestar laboral, valores que se deberían ir interiorizando desde idades temperás”, rematou.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas