Home Ourense A Limia A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal de Porqueira,...

A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal de Porqueira, o primeiro instrumento urbanístico deste municipio

- Anuncio -

Nestes momentos xa son catro na provincia de Ourense e sete en toda Galicia os concellos que superaron este trámite e seguen avanzando para dotarse dunha ferramenta básica propia de ordenación

O plan delimita 31 núcleos rurais no municipio, recolle as dotacións existentes e identifica 162 elementos do seu patrimonio cultural e natural, dos cales a gran maioría foron incorporados ao longo do proceso de elaboración do documento

A Xunta de Galicia aprobou hoxe inicialmente o Plan básico municipal (PBM) de Porqueira, que se converte así no sétimo concello galego que supera este trámite e segue avanzando co obxectivo de dotarse o antes posible dun instrumento propio de ordenación, o primeiro no seu caso.

Precisamente, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, notificoulle esta mañá á alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, a sinatura da orde de aprobación inicial do PBM, unha ferramenta pensada para que os concellos de menos de 5.000 habitantes e sen planeamento -37 en toda Galicia- poidan desenvolver certa actividade urbanística pero sen establecer criterios de crecemento urbano.

Tras agradecerlle ao Goberno local que no ano 2017 fora un dos primeiros en interesarse por esta nova figura, creada ao abeiro da Lei do solo, a conselleira felicitou tanto á rexedora como ao equipo redactor polo traballo realizado e a súa aposta polo urbanismo responsable.

Cómpre lembrar que para axudar e motivar aos municipios sen planeamento a tramitar un PBM, a Xunta decidiu asumir directamente a redacción do primeiro o do Concello do Páramo ademais de colaborar técnica e economicamente con outros oito concellos, que xa teñen nestes momentos moi avanzada a tramitación dos seus respectivos plans (Ribeira de Piquín, Riotorto, Cartelle, Padrenda, Porqueira, Triacastela, San Xoán de Río e Trabada).

Deste primeiro grupo de municipios, Porqueira é o cuarto que acada a aprobación inicial da Xunta na provincia de Ourense e o sétimo que o fai en toda Galicia, dando así un paso decisivo de cara a dotarse dun marco propio en materia urbanística. Neste sentido, cómpre lembrar que a día de hoxe tan só están pendentes de aprobación inicial os PBM dos concellos lucenses de Ribeira de Piquín e Riotorto.

O obxectivo da Xunta, indicou a conselleira, é que estes nove municipios, que foron os primeiros en empezar a traballar no seu Plan básico municipal, poidan telos aprobados definitivamente a finais este ano ou comezos de 2022.

Pola súa banda, a alcaldesa, Susana Vázquez, salientou que o de hoxe era “un día moi esperado”, no que o Concello está a dar “un gran paso cara ao seu futuro e tamén para evitar o despoboamento”. “De nada serve que queiramos que a xente quede aquí se non lle facilitamos as ferramentas urbanisticas necesarias”, concluíu a rexedora, que agradeceu “enormemente” o apoio da Consellería á súa solicitude.

Clasificación de solo urbano e núcleos rurais
O plan aprobado inicialmente hoxe delimita 31 núcleos rurais 19 deles tradicionais, 11 que combinan partes tradicionais e comúns e 1 común de tipo polinuclear que abranguen os 30 asentamentos de poboación identificados xa en Porqueira polo Plan básico autonómico.

Entre as principais novidades que implica a ordenación incluída no novo documento cómpre subliñar que se delimita individualmente o núcleo de Faramontaos-Pedrosa por ter unha estrutura recoñecible e diversa.

Así mesmo, o documento recolle as dotacións existentes no termo municipal e, ademais, identifica os elementos do patrimonio cultural e natural de Porqueira. Concretamente, cataloga un total de 13 elementos arqueolóxicos, 47 de tipo arquitectónico, 97 etnográficos, 4 naturais e un Ben de Interese Cultural, a Torre da Forxa. Destes 162 elementos identificados, cómpre subliñar que a gran maioría (concretamente 124) foron incorporados ao longo do proceso de elaboración do propio PBM, froito dun exhaustivo traballo.

Unha década a prol do urbanismo responsable
A tramitación dos primeiros Plans básicos municipais enmárcase no esforzo realizado na última década para acadar o obxectivo de que Galicia avance cara a un urbanismo sostible e responsable e na protección da súa paisaxe, un camiño no que, segundo dixo a conselleira, os concellos sempre terán á Xunta ao seu carón.

Neste sentido, cómpre lembrar que nun segundo grupo de nove concellos de menos de 5.000 habitantes (Alfoz, Guntín, Samos, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo e Dozón) estanse a realizar xa os traballos técnicos para cartografar os seus territorios, paso previo á redacción dos PBM, polo que se agarda que este ano reciban tamén un pulo definitivo.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

Rueda destaca que a Xunta lanzará nunhas semanas a orde de axudas para cubrir...

0
― Anima a cidadanía a adoptar porque estes animais “merecen unha segunda vida” e porque unha Galicia “con máis mascotas será unha Galicia mellor” ―...

A Xunta licita a compra de lámpadas cirúrxicas para o Hospital novo Montecelo de...

0
― Estarán destinadas aos quirófanos asignados aos servizos de Urxencias, Anatomía Patolóxica, Cardioloxía, Dermatoloxía, Traumatoloxía, así coma á área de intervencionismo cardiovascular, a Nefroloxía...

O Centro Superior de Hostelería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de...

0
— En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país — É froito da colaboración...

Publicacións Relacionadas