Home Viana A Gudiña A Xunta avalía cos alcaldes da Gudiña e Riós novas oportunidades de...

A Xunta avalía cos alcaldes da Gudiña e Riós novas oportunidades de formación para mellorar a empregabilidade nos seus concellos

- Anuncio -

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse cos alcaldes da Gudiña, José María Lago; e de Riós, Francisco Armando Veiga, cos que abordou propostas formativas para mellorar as oportunidades laborais na contorna


Os concellos amosaron o seu interese de ofertar formación técnica en materia de enerxías renovables e emprego verde

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse en Santiago de Compostela cos alcaldes dos concellos ourensás da Gudiña, José María Lago; e de Riós, Francisco Armando Veiga; cos que abordou a posta en marcha de novas liñas de formación nas súas comarcas, adaptadas ás necesidades do seu tecido produtivo e co obxectivo de asentar poboación nestes núcleos rurais.

En ambos os dous casos, os alcaldes amosaron o seu interese polo desenvolvemento de propostas formativas que garantan a cualificación técnica de traballadoras e traballadores en materia de enerxías renovables e emprego verde e vencellado co tecido produtivo das súas contornas. A Xunta estudará as propostas que, segundo indicou a conselleira, favorecerán a mellora da capacitación en sectores destacados nas comarcas ourensás e, en definitiva, as oportunidades laborais nestas zonas rurais.

No caso concreto da Gudiña, o alcalde trasladou á conselleira o interese do concello en poñer en marcha proxectos relacionados co sector das enerxías renovables (solar, fotovoltaica e eólica). O alcalde de Riós, pola súa banda, destacou o labor do Centro de Desenvolvemento Agroforestal, onde se traballa na conservación e mellora xenética da castaña, un produto moi vencellado coa comarca. A Administración autonómica avaliará a súa homologación como centro de formación para o emprendemento neste sector.

Lorenzana subliñou a importancia de desenvolver accións formativas e dotar de recursos que favorezan a empregabilidade nos núcleos de configuración rural como A Gudiña e Riós para asentar poboación e garantir o desempeño laboral de actividades que repercutan directamente na mellora da economía local.

Relacionadas

Villares participa na homenaxe aos falecidos no afundimento do arrastreiro Villa de Pitanxo no...

0
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na homenaxe aos 21 tripulantes falecidos no afundimento do buque arrastreiro galego Villa de Pitanxo no...

A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor a aposta...

0
— Ángeles Vázquez subliña que é a primeira vez que este municipio pontevedrés logra este recoñecemento — A Bandeira Verde de Galicia outorga visibilidade aos...

A Xunta asina un convenio con NTT data para potenciar a formación de profesioais...

0
— A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e o socio director de NTT DATA para Galicia e Asturias,...

A Xunta reforza a colaboración co concello de Ferrol para seguir impulsando a xeración...

0
— Na xuntanza abordáronse posibles vías de cooperación institucional para potenciar as oportunidades laborais no municipio e fortalecer o tecido comercial ferrolán, un sector...

A Deputación impulsa a creación dun mini parque termal lúdico no Concello de Arnoia...

0
A iniciativa, que conta cun orzamento de 359.535,39 euros, forma parte dos obxectivos do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal para beneficiar aos...

O conselleiro de Sanidade avanza a licitación nos vindeiros meses do proxecto do novo...

0
Gómez Caamaño destaca os avances nos trámites do novo centro de saúde, que terá máis de 2.300 m², facendo posible a ampliación da carteira...

Publicacións Relacionadas