Home Ourense O Carballiño A Xunta avanza cara á amplicación do Parque Empresarial do Carballiño en...

A Xunta avanza cara á amplicación do Parque Empresarial do Carballiño en máis de 1,2 millóns de m2

- Anuncio -

— Parte desta superficie pertence ao municipio do Carballiño e parte ao de Maside

— A modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, que facilitará o crecemento do polígono ourensán, está xa en trámite de avaliación ambiental e prevese que a súa aprobación definitiva se produza o ano que vén

— A Xunta desenvolverá a urbanización do solo destinado a acoller novas empresas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza na tramitación da modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) que permitirá a ampliación do parque empresarial do Carballiño en máis de 1,2 millóns de metros cadrados.

Así llo trasladou hoxe o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, aos alcaldes do Carballiño, Francisco José Fumega, e Maside, José Manuel Iglesias, cos que mantivo unha reunión para abordar os últimos pasos dados pola Xunta con relación á revisión do PSOAEG, actualmente sometido a avaliación ambiental.

Unha vez superado este trámite, está previsto que a aprobación inicial da modificación se produza no mes de novembro e a definitiva, en 2022.

O novo documento contempla o crecemento do polígono ourensán coa urbanización de dúas novas zonas, unha das cales estará en terreos do concello do Carballiño e a outra no de Maside. En total, a ampliación do parque ocupará unha superficie de 1,2 millóns de metros cadrados, estando previsto no propio Plan sectorial que a urbanización sexa realizada pola Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou da empresa pública Xestur.

Unha vez incluído o novo ámbito industrial no PSOAEG, tamén será o IGVS o encargado da tramitación do proxecto sectorial do parque empresarial.

Coa ampliación do parque xa existente para dar servizo aos municipios limítrofes do Carballiño e Maside, a Xunta de Galicia facilitará a implantación de novas empresas na zona, dotando de solo empresarial aos dous concellos.

Actualmente cómpre lembrar que o IGVS dispón de tres parcelas dispoñibles no parque carballiñés, cunha superficie total de 9.117 metros cadrados e unha bonificación do 50% no prezo de venda das mesmas.

Relacionadas

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

Rueda destaca que a Xunta lanzará nunhas semanas a orde de axudas para cubrir...

0
― Anima a cidadanía a adoptar porque estes animais “merecen unha segunda vida” e porque unha Galicia “con máis mascotas será unha Galicia mellor” ―...

A Xunta licita a compra de lámpadas cirúrxicas para o Hospital novo Montecelo de...

0
― Estarán destinadas aos quirófanos asignados aos servizos de Urxencias, Anatomía Patolóxica, Cardioloxía, Dermatoloxía, Traumatoloxía, así coma á área de intervencionismo cardiovascular, a Nefroloxía...

O Centro Superior de Hostelería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de...

0
— En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país — É froito da colaboración...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Luis Menor empraza á Capitalidade de Montaña 2024 para mostrar o compromiso de Ourense...

0
O presidente provincial participou na inauguración das xornadas que fixan a Chandrexa de Queixa como primeiro emprazamento da Capitalidade de Montaña de España 2024,...

Publicacións Relacionadas