Home Verín Monterrei A Xunta avanza nas obras na zona de piscinas e tobogáns da...

A Xunta avanza nas obras na zona de piscinas e tobogáns da primeira fase do complexo lúdico-deportivo de Monterrei

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou os avances nos traballos da primeira fase que supoñen un investimento de 7M€

― Diego Calvo destacou a importancia da colaboración das administracións en proxectos deste calado, que neste caso supoñen un orzamento inicial de máis de 10M€ nas súas catro fases, que cofinancian a Xunta e a Deputación provincial de Ourense

― O novo complexo integrase coa contorna e a zona deportiva inaugurada en 2021 ao ofrecer un lugar idóneo para a organización de actividades lúdico-deportivas no medio natural

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, os avances nas obras da primeira fase do parque acuático no complexo lúdico-deportivo de Monterrei, no concello do Pereiro de Aguiar que cofinancian o Goberno galego e a Deputación de Ourense.

Os traballos da primeira das catro fases do parque acuático comezaron o pasado mes de febreiro e está previsto que rematen ao longo deste verán, de maneira que a zona das piscinas e tobogáns poidan estar dispoñibles para a veciñanza e os visitantes.
Cómpre lembrar que a Xunta autorizou o novo contrato destas obras o pasado novembro por un importe de máis de 5,7M€, aos que hai que engadir outros 1,3M€ das actuacións levadas a cabo pola anterior adxudicataria. A suspensión deste primeiro contrato obrigou á Xunta a traballar nun novo con carácter de urxencia para continuar co proxecto. Polo tanto, a contía desta primeira fase ascende a 7M€.

Das actuacións da primeira fase destacan precisamente a nova zona de xogos acuáticos infantís e a reformulación da zona das piscinas actuais, aproveitando e rehabilitando os vasos existentes coa incorporación de novas funcionalidades e tobogáns.

Tamén se está a traballar na creación dunha nova zona de acceso á parcela e dun aparcamento; e na construción dun novo edificio de acceso ao complexo, con vestiarios, zona de administración, oficinas e espazos servidores. Rehabilitaranse ademais as edificacións existentes, poranse en marcha outras de distintos servizos e renovarase a rede de saneamento e abastecemento.

Haberá novas zonas de lecer e espazos abertos, prazas e sendas peonís, o que permitirá, como asegurou o vicepresidente segundo desfrutar das instalacións e da contorna que as rodea. De feito, o novo complexo no concello do Pereiro de Aguiar ofrece un marco idóneo para a organización de actividades lúdico-deportivas no medio natural.
A contía de 7M€ desta primeira fase da zona do parque acuático hai que engadir 1M€ da zona deportiva inaugurada en 2021 para executar unha pista polideportiva, pistas de tenis, pádel, circuíto de cross e pista de pump track.

O proxecto de reforma do novo complexo lúdico-deportivo de Monterrei nas súas 4 fases conta cun orzamento inicial de máis de 10M€, do que a Xunta achega o 50% e a Deputación de Ourense a outra metade. Nesta liña, Diego Calvo destacou a importancia da colaboración entre administracións para levar a cabo proxectos de gran calado coma este destinados a reforzar a prestación de servizos e a calidade de vida da veciñanza.

Así, explicou que con esta actuacións preténdese fomentar a práctica da actividade física saudable e do deporte, ao mesmo tempo que se ofrece un espazo para o lecer familiar. O parque acuático incorporarase ás novas instalacións deportivas da provincia que a Xunta apoiou na súa posta en funcionamento como a pista de atletismo de Expourense, o pavillón dos Remedios ou o estadio do Couto.

O vicepresidente segundo da Xunta puxo en valor que o complexo lúdico-deportivo integrarase perfectamente coa contorna natural e os espazos verdes que o rodean, o que supón unha aposta pola sustentabilidade.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas