HomeOurenseOurenseA Xunta avoga por impulsar o uso da madeira na construción para...

A Xunta avoga por impulsar o uso da madeira na construción para avanzar no camiño da descarbonización

- Anuncio -spot_img

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións da Rectoral de Rabeda en Taboadela (Ourense)

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avogou hoxe por impulsar o uso da madeira na construción toda vez que este material achega solucións innovadoras e sustentables de cara a avanzar no camiño da descarbonización.  

Lorenzana visitou esta tarde en Taboadela (Ourense) as instalacións da Rectoral de Rábade, un complexo de turismo ecolóxico e formación en permacultura que supón un exemplo do uso que se fai de produtos de madeira locais. Na visita destacou que a promoción da construción en madeira impacta directamente no desenvolvemento local, pois constitúe por si mesmo unha acción de singular valor en materia de loita contra o abandono do rural, a prevención dos incendios forestais e a xestión forestal sustentable e activa.

Publicacións Relacionadas