Home O Ribeiro A Arnoia A Xunta colabora co concello de Arnoia na creación dun parque infantil...

A Xunta colabora co concello de Arnoia na creación dun parque infantil no lugar de Reza

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as novas instalacións financiadas ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, que conta cun orzamento de 4M€


― A área de lecer incrementará os espazos de ocio destinados aos cativos nun municipio onde está a medrar a poboación infantil


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o novo espazo de lecer destinado á poboación infantil do concello da Arnoia construído no lugar da Reza, e que contou cunha axuda da Xunta ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público.
A Xunta destinou a esta actuación máis de 33.800 euros, co obxecto de que se construíse un parque infantil cuberto para favorecer o seu uso todos os días do ano, independentemente das condicións meteorolóxicas, e para aumentar a vida útil dos xogos. A zona de ocio construíuse nunha zona do lugar da Reza que xa dispoñía dun área recreativa pero que, malia ser o segundo núcleo de poboación máis importante do concello, carecía dun espazo de lecer axeitado para os cativos dun municipio onde o número de rapaces está a medrar nos últimos anos.


A achega da Xunta encádrase na Orde de Infraestruturas de uso público, a través da cal o Goberno galego distribúe este ano 4 millóns de euros ás entidades locais para a creación, ampliación ou reforma das súas infraestruturas destinadas á prestación de servizos municipais.

Natalia Prieto lembrou que a Xunta leva investido máis de 784.000 euros na Arnoia nos últimos anos, sexa a través da Orde de Infraestruturas de uso público –que permitiu acondicionar o campo de fútbol da Queixeira e o acceso ás instalacións fluviais no contorna do balneario, entre outras actuacións-, ou do Fondo de Compensación Ambiental –coa mellora da rede de abastecemento de auga ou a construción do punto limpo municipal-, iniciativas destinadas a mellorar os servizos municipais e as condicións de vida da súa veciñanza.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas