Home O Carballiño Bearíz A Xunta colabora co concello de Beariz no acondicionamento do Pavillón Polideportivo

A Xunta colabora co concello de Beariz no acondicionamento do Pavillón Polideportivo

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras levadas a cabo nesta instalación ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público tamén as realizadas no local da asociación de veciños de Albite con apoio da Xunta

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o pavillón polideportivo de Beariz, no que a Xunta colaborou no seu acondicionamento mediante a Orde de Infraestruturas de uso público. A través desta liña de axudas coa que o Goberno galego apoia aos concellos galegos na creación e mellora das súas infraestruturas destinadas a servizos municipais, o municipio de Beariz recibiu máis de 22.300 euros para reparar as filtracións de auga do pavillón.

O orzamento total da última convocatoria desta orde por parte da Administración autonómica dirixida a actuacións coma estas dos municipios da comunidade ascende a 4 millóns de euros. A Xunta mantén así a colaboración coas entidades locais en proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida da cidadanía.


Neste caso, os traballos no pavillón polideportivo de Beariz incluíron a substitución dalgunhas chapas translúcidas, do canalón de recollida de augas pluviais para evitar as filtracións de augas. Ademais, colocarase un novo alicatado en varias zonas dos aseos e vestiarios e instalarase unha nova porta de acceso ao almacén, así como un cadro xeral de distribución e termos eléctricos máis eficientes.

Trátase dunha das actuacións financiadas pola Xunta en Beariz o ano pasado, xunto con outros proxectos apoiados no marco do Fondo de Compensación Ambiental como a reforma de abastecemento de auga e de eficiencia enerxética en varios núcleos do municipio. Ademais, ao igual que en exercicios anteriores, tamén a través deste fondo, o Goberno galego colaborou nos gastos de funcionamento da Mancomunidade da Comarca do Carballiño e do seu servizo de protección ambiental, da que forma parte Beariz xunto cos concellos de O Carballiño, Boborás, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea. O investimento da Xunta nos últimos anos no concello supera os 720.000 euros.


Natalia Prieto incidiu na importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos e tamén entre os propios municipios, por exemplo coma nesta mancomunidade, para compartir servizos e recursos co obxectivo de ser máis eficientes e evitar duplicidades.

Colaboración coas asociacións de veciños
Por outra parte, Natalia Prieto, visitou as melloras realizadas no local da asociación de veciños de Albite, que recibiu 14.000 euros para as obras de acondicionamento –cimentación, illamento térmico e revestimentos das fachadas, colocación do pavimento e instalación eléctrica e da fontanería 34 entidades da provincia de Ourense ás que a Xunta destinou 34.000 euros o ano pasado no marco das subvencións do Plan específico de acción comunitaria para apoiar a dinamización social e comunitaria das asociacións galegas. No conxunto de Galicia, foron 2,5 millóns de euros os que a Xunta investiu en iniciativas postas en marcha por 190 asociacións, o mesmo orzamento reservado para a convocatoria deste ano.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas