Home Ourense Allariz-Maceda A Xunta colabora co concello de Maceda nas instalacóns do Servizo de...

A Xunta colabora co concello de Maceda nas instalacóns do Servizo de Emerxencias e Protección Civil que serán a sede do novo GES nesta zona

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras levadas a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, que acadan preto de 32.000 euros


― O concello recibiu nos últimos anos máis de 243.000 euros de axudas da Vicepresidencia primeira para a mellora da accesibilidade e ampliación das oficinas municipais, actuacións de eficiencia enerxética na luz pública no bosque do castelo de Maceda, e a humanización da praza de Alcatruz no casco vello de Maceda, entre outras actuacións.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobou hoxe as melloras levadas a cabo nas instalacións do servizo de emerxencias e Protección Civil, grazas ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental, que acadan preto de 32.000 euros.
Natalia Prieto indicou que leváronse a cabo melloras na calidade e eficiencia enerxética no inmoble, para mellorar a envolvente térmica e para adaptalo ás necesidades do servizo e mellorar a eficiencia enerxética do edificio. Así mesmo, mellorouse a iluminación interior, mediante a colocación de luminarias LED.
A directora xeral indicou que Maceda será un dos concellos que contará cun novo Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES), este mesmo ano e terá a súa sede neste edificio. Dará cobertura aos concellos de Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
Trátase dunha das actuacións financiadas pola Xunta en Maceda xunto a outros proxectos apoiados pola Vicepresidencia primeira, como a mellora da accesibilidade e ampliación das oficinas municipais, actuacións de eficiencia enerxética na luz publica no bosque do castelo de Maceda, e a humanización da praza de Alcatruz no casco vello de Maceda, entre outras actuacións.
Durante a súa visita, Natalia Prieto destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns. Ademais, son a administración máis próxima á cidadanía e, polo tanto, a que mellor coñece as necesidades dos seus veciños. O concello de Maceda recibiu nos últimos anos máis de 243.000 euros da Vicepresidencia.

Relacionadas

A Xunta reafirma o impulso da economía social como motor socioeconómico, destacando as 230...

0
José González pon en valor a aposta estratéxica do Goberno galego por fortalecer e impulsar a economía social como un motor de crecemento sustentable,...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Deputación apoia a cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño, na que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destacou na presentación oficial do evento a “gran oportunidade de difusión” para a provincia que ten a proba, que...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

Publicacións Relacionadas